A Xunta asegura que o 'mulching' evitou "arrastre masivo" de cinzas a pesar das choivas torrenciais

A Consellería de Medio Rural asegura que o 'mulching', a técnica pola cal se colocan palla e outros materiais sobre terreos queimados para previr a erosión do chan, evitou "arrastre masivo" de cinzas cara aos ríos e rías de Galicia, a pesar das choivas torrenciais caídas este domingo en toda a comunidade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 19:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural asegura que o 'mulching', a técnica pola cal se colocan palla e outros materiais sobre terreos queimados para previr a erosión do chan, evitou "arrastre masivo" de cinzas cara aos ríos e rías de Galicia, a pesar das choivas torrenciais caídas este domingo en toda a comunidade.

Mulching
Mulching | Fonte: Europa Press

Os técnicos da Xunta estiveron este luns sobre o terreo analizando os efectos do temporal, pero o departamento autonómico aínda non dispón dun informe sobre os danos, segundo as fontes da consellería consultadas por Europa Press.

Naquelas zonas onde se fixo o 'mulching', tanto manual como mediante helicóptero, o terreo "aguantou bastante ben" e evitouse o arrastre "masivo" de cinzas, destacan as mesmas fontes.

Ademais, tamén reivindican a protección que supuxeron as barreiras colocadas en ríos e as lonas geotextiles. A situación, resaltan, é "máis ben normal dentro das choivas torrenciais" que caeron.

Pola súa banda, alcaldes de zonas dos Ancares, O Xurés e a provincia de Pontevedra consultados por Europa Press sinalaron que houbo "importante" erosión do chan e escorrentías en distintos puntos, sobre todo aqueles con maior pendente.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta