Temas: SECA CHUVIA AUGA

O temporal alivia a seca

A borrasca 'Ana' eleva a ocupación dos encoros de abastecemento de Galicia-Costa ao 55,45% e Eiras sobe ao 73,4%. Hai un ano o nivel global nesta demarcación hidrográfica chegaba ao 69,07%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

As choivas caídas durante as últimas horas polo paso da borrasca 'Ana' elevou a ocupación dos encoros de abastecemento da demarcación hidrográfica Galicia-Costa até o 55,45%, o que supón un incremento en máis de 13 puntos desde o 41,91% no que se atopaban hai unha semana.

Encoro De Beche
Encoro De Beche | Fonte: Europa Press

Segundo os datos provisionais de Augas de Galicia aos que tivo acceso Europa Press, en concreto o encoro de Eiras está ao 73,4%, cando sete días atrás estaba ocupado nun 37,12% da súa capacidade. Á primeira hora da mañá, o director xeral de Augas, Roberto Rodríguez, achegou o dato do 72% nunha entrevista radiofónica, pero as medicións seguiron actualizándose.

De feito, pouco despois, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu por "resolto" o problema da seca e asegurou que a presa de Eiras duplicara o volume de auga, ao subir ao 71,4% nese momento.

Pola súa banda, de acordo coa última información de Augas de Galicia, Zamáns alcanzou o 38,13%, desde o 34,37% do pasado 4 de decembro.

O encoro de Pontillón de Castro chegou ao 100% de ocupación e outros como o de Forcadas e Beche superan o 40%. Fronte a estes, o encoro de Con, en Vilagarcía, está ocupado ao 9,65%; o de Baiona estao ao 24,58% e o de Cecebre ao 35,16%.

Tralas últimas precipitacións caídas en Galicia, os encoros de uso hidroeléctrico ou industrial teñen unha ocupación do 41,64% —Touro, nun extremo, está ao 95,24%; mentres Portodemouros, no outro, está ao 27,81%—.

De acordo cos datos actualizados provisionalmente este luns por Augas, en global, a demarcación Galicia-Costa arroxa unha ocupación total do 42,91%, con 296,15 hectómetros cúbicos, dos que 35,27 correspóndense cos encoros de abastecemento.

COMPARATIVA HAI UN ANO

O 11 de decembro de 2016, hai un ano, a ocupación dos encoros de abastecemento ascendía até o 69,07%, mentres que os de uso hidroeléctrico ou industrial estaban ao 50,09%.

Desta forma, 12 meses atrás, a demarcación hidrográfica presentaba en total unha ocupación do 51,84%, fronte ao 42,91% no que se atopa actualmente.

DEMARCACIÓN DO MIÑO-SIL

Pola súa banda, o presidente da confederación hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, convocou para o mércores á xunta de goberno e ao consello da auga da demarcación do Miño-Sil para analizar e valorar a situación de alerta por seca.

En ambos os encontros informarase o contido do novo plan especial de actuación en situacións de alerta e eventual seca, así como o informe de satisfacción de demandas na situación actual de alerta.

Temas: SECA CHUVIA AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Andrés Armenta

Bien que nos hacen falta esas lluvia para poder llenar los embalses de agua. Todavía en Galicia se producen más precipitaciones lluviosas a lo largo del año, es otro clima, otro tiempo, sin embargo, donde este viviendo ahora, Lanzarote, el tiempo es mucho más cálido, más seco https://www.vivalanzarote.es/el-tiempo-en-lanzarote/ , y también necesitamos un poco más de agua para nuestros embalses de agua, los cultivos y agricultores necesitan el agua... Saludos.