Atopan nunha vivenda abandonada de Ourense o corpo do home desaparecido a pasada semana

A Policía Nacional atopou o corpo sen vida de Manuel Antonio V.F., o home de 58 anos desaparecido desde o pasado mércores en Ourense, no interior dunha vivenda abandonada xunto ao campo de fútbol da cidade. As primeiras investigacións apuntan a que puido falecer por causas naturais.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 16:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Policía Nacional atopou o corpo sen vida de Manuel Antonio V.F., o home de 58 anos desaparecido desde o pasado mércores en Ourense, no interior dunha vivenda abandonada xunto ao campo de fútbol da cidade. As primeiras investigacións apuntan a que puido falecer por causas naturais.

Ás 12,35 horas deste luns os axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) de Seguridade Cidadá atoparon o cadáver do desaparecido nunha vivenda a uns 200 metros da súa residencia habitual na rúa Murillo.

Os axentes localizaron o corpo grazas ás indicacións de varias persoas que o coñecían de ser un habitual nos bares de copas e que informaron os axentes de que, ademais, do baixo no que residía desde hai dous anos, tamén pasaba a noite nun coche amarelo e nunha casa abandonada situada xunto ao estadio de fútbol.

Á súa chegada a este último lugar os axentes atopáronse a porta entornada. O corpo sen vida do home estaba nunha habitación na que había dous colchóns no chan. O cadáver atopábase boca abaixo e fóra da cama.

Supostamente o falecemento produciuse de forma natural e a investigación está á espera dos datos do forense para determinar a hora e a causa da morte.

A irmá do falecido, coa que convivía até hai dous anos, presentou o domingo unha denuncia na comisaría, onde explicou que levaba cinco días sen localizalo e que ningún dos seus coñecidos no barrio sabía explicarlle onde estaba.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta