O temporal de vento e choiva afecta a varios servizos ferroviarios en Galicia

O temporal de vento e choiva causado pola borrasca profunda 'Ana' afectou a varios servizos ferroviarios na Comunidade galega, segundo informa Renfe.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 15:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O temporal de vento e choiva causado pola borrasca profunda 'Ana' afectou a varios servizos ferroviarios na Comunidade galega, segundo informa Renfe.

En concreto, resultaron afectados un servizo Alvia con orixe Ferrol (saída ás 5,55 horas) e chegada a Madrid-Chamartín (13,06 horas), que sufriu un atraso de 96 minutos.

Doutra banda, o servizo Alvia entre Pontevedra (saída ás 8,18 horas) e chegada a Madrid-Chamartín (15,04) será trasbordado por estrada até Ourense e logo a destino en tren. Renfe concretou que o traxecto desde a cidade das Burgas até a capital madrileña "farase en tren con normalidade".

Durante a xornada do domingo, concreta Renfe, víronse afectados seis servizos nocturnos por caíaa de árbores, o que obrigou a interromper a circulación en varios puntos da Comunidade galega, entre eles entre Baamonde e Rábade e tamén na liña Vigo e Ourense, xa restablecidas para este luns.

Os servizos que se viron afectados son os que circulaban entre Pontevedra e Madrid, e sentido inverso; Madrid e A Coruña, e sentido inverso, A Coruña e Barcelona, e Vigo e Barcelona; o que obrigo a traslados por estrada ou a outros servizos ferroviarios.

Renfe lamentou as molestias ocasionadas aos viaxeiros derivadas das incidencias meteorolóxicas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta