Ethel Vázquez confirma que a Xunta pon "todos os medios" para repor os danos do temporal

A conselleira asegura que a maior parte das incidencias foron árbores caídas

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 15:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, confirmou este luns en Ourense que a Xunta está a pór "todos os medios á súa disposición" para repor os danos causados polo paso da borrasca 'Ana' e informou de que "todas as estradas están abertas ao tráfico".

Durante unha visita a Ourense para explicar as actuacións do seu departamento en tres obras de rehabilitación de vivendas no centro histórico, a conselleira analizou as consecuencias da borrasca profunda 'Ana' ao seu paso por Galicia onde as zonas máis afectadas foron, "sen dúbida o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra", dixo.

Ademais, a conselleira explicou que o Executivo galego "está a prestar especial atención" ao estado das estradas, onde "a maior parte das incidencias" nas últimas horas debéronse á caída de árbores.

PRECAUCIÓN

Vázquez informou de que "están abertas todas as estradas". Tamén insistiu en que "se están pondo todos os medios" para repor os danos causados polo temporal, coa intención de "resolver as incidencias canto antes" ao longo da xornada. "Esperamos que nas próximas horas estean todas resoltas", abundou.

A pesar de que nas últimas horas produciuse un descenso nas precipitacións e nos refachos de vento, Ethel Vázquez enviou unha "mensaxe de prudencia" aos condutores e ao resto de cidadáns para "que tomen as precaucións debidas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta