'Across the Universe' abre o ciclo Cinema de outono na Sede Afundación de Santiago

Un total de cinco filmes conforman este ciclo de proxeccións en versión orixinal con subtítulos, con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/12/2017 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Afundación pon en marcha o ciclo «Cinema de outono» na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) coa proxección, este martes 12 de decembro, a partir das 20.00 h, do filme 'Across the universe' en versión orixinal subtitulada. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.  

Unha das imaxes do filme Across the universe
Unha das imaxes do filme Across the universe

Todos os filmes que conforman este ciclo viran en torno ao mundo das artes e están protagonizadas por referentes da fotografía, a música, o cinema, a escultura e a moda.

'Across the Universe' (2007), de Julie Taymor, é un musical romántico ambientado nos Estados Unidos dos anos sesenta, entre as manifestacións en contra da guerra, as viaxes espirituais e o rock and roll. No medio desta situación, os protagonistas Jude e Lucy vense involucrados nas protestas que sacoden a súa cidade. 

As seguintes sesións programadas dentro deste ciclo na Sede Afundación de Santiago de Compostela serán o 19 de decembro coa proxección de Camille Claudel 1915, o 26 de decembro con 'Retrato dunha obsesión', o 2 de xaneiro con 'Hitchcock' e pecharase o 9 de xaneiro con 'Yves Saint Laurent'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta