(AM) Localizan falecido a un home nas escaleiras dunha vivenda en Muros (A Coruña)

Un home de mediana idade foi localizado este luns falecido nas escaleiras dunha vivenda no municipio coruñés de Muros, segundo informou o 112 Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 14:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de mediana idade foi localizado este luns falecido nas escaleiras dunha vivenda no municipio coruñés de Muros, segundo informou o 112 Galicia.

En concreto, un particular informou na mañá deste luns ao 112 Galicia dun home que localizaron falecido nas escaleiras dunha vivenda situada na Rúa dos Fornos, en Muros.

Após recibir a alerta, o persoal do 112 solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias e da Guardia Civil.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria da zona que confirmou o falecemento no lugar do home, D.A.G.C., de 66 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Fontes do Instituto Armado confirmaron que o falecemento se debeu a unha morte natural aparentemente, xa que o home era "moi obeso" e supostamente colapsou no lugar.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta