O BNG promoverá unha "fronte política e social" contra a reforma da sanidade galega, que ve unha "bomba de reloxaría"

"O único sensato que pode facer a Xunta con este anteproxecto é retiralo", asegura Ana Pontón

Santiago de Compostela | 11/12/2017 | Actualizada ás 13:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avanzou que a súa formación promoverá unha "fronte política e social" contra a reforma da lei galega de saúde aprobada o pasado xoves polo Consello da Xunta ao considerar que supón unha "bomba de reloxaría" contra a sanidade pública.

A portavoz nacional do BNG, Ana Ponón
A portavoz nacional do BNG, Ana Ponón | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, a líder dos nacionalistas galegos acusou ao presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, de "continuar coa súa axenda de recortes e privatizacións" para "pór os recursos públicos ao servizo da sanidade privada".

"Feijóo e o PP queren converter nun negocio a enfermidade das persoas", denunciou Pontón, que asegura que a política sanitaria dos populares consiste en "reducir orzamentos, eliminar profesionais e recudir camas nos hospitais".

Neste sentido, asegurou que a reforma da lei galega de sanidade supón un "paso máis" nesta "senda de recortes e privatizacións" que avanzan na "deterioración da sanidade pública".

"AUTÉNTICA CANALLADA"

Na súa comparecencia ante os medios, tamén criticou que o Partido Popular aproveitase a ponte polos festivos da Constitución e a Inmaculada para aprobar esta reforma. "Saben que o que están a facer é unha auténtica canallada e que este proxecto de lei de saúde non ten ningún efecto positivo, senón que teñen todo efectos negativos para a saúde das persoas", indicou.

Especialmente, cargou contra o feito de que os cambios que prevé levar o PPdeG contemplen a supresión das áreas sanitarias de Monforme de Lemos, O Barco de Valdeorras, Marín, A Mariña e O Salnés. "Afastan a sanidade dos cidadáns", denunciou Ana Pontón, que lembrou o rexeitamento que esta medida xera na cidadanía galega.

Por todo iso, considerou que "o único sensato que pode facer a Xunta con este anteproxecto" é "retiralo". Para iso, avanzou que o BNG promoverá unha "fronte social e político" contra esta reforma.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta