Temas: CHUVIA

O 112 atendeu máis de 1.300 incidencias en Galicia relacionadas co paso da borrasca 'Ana'

A provincia de Pontevedra rexistrou o maior número de problemas, seguida da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

O 112 Galicia xestionou un total de 1.308 incidencias relacionadas co paso da borrasca de vento e choiva 'Ana' desde as 8,00 horas do domingo. Así, segundo o informe actualizado ás 10,00 horas deste luns, as incidencias máis repetidas desde o inicio do temporal, informa a Xunta, están relacionadas coa caída de árbores e ramas en estradas (685), actuacións de prevención de risco dos servizos de emerxencias (109), restos de accidentes e obxectos varios (73) e cables soltos (70).

Arbol tirado en Carballo polo temporal
Arbol tirado en Carballo polo temporal | Fonte: Europa Press

A Xunta concretou, nun comunicado de prensa, que na rede de centros infantís están suspendidas as clases na escola infantil de Oza-Cesuras pola caída da cuberta. A provincia de Pontevedra foi a que rexistrou máis incidencias, con 512; seguida da Coruña, con 476; Ourense, con 165; e Lugo, con 155, segundo os datos do 112.

Os concellos máis afectados son, na provincia de Pontevedra, Ponteareas, Vigo, Salvaterra de Miño, Moaña, Redondela, Cangas, Soutomaior, Lalín, Pontevedra, Gondomar, Tomiño, Sanxenxo, A Estrada, As Neves e O Porriño.

Na provincia coruñesa rexistráronse máis incidencias nos municipios de Arteixo, A Coruña, Oleiros, Cambre, Carballo, Sada, Culleredo, Bergondo, Muros e Santiago de Compostela.nNa provincia luguesa, concretáronse en Vilalba, Mondoñedo, Monterros e Lugo. E na de Ourense, os máis afectados foron Bande, Verín, Bande, Ourense e San Cibrao das Viñas.

OURENSE

En concreto, no municipio de Ourense, a Axencia Estatal de Meteoroloxía rexistrou ao longo da xornada do domingo 59,4 litros por metro cadrado e refachos de vento de até 69 quilómetros por hora. A Policía local e os Bombeiros realizaron, en concreto, 28 servizos debido á ciclogénesis.

Temporal en Vigo
Temporal en Vigo

O incidente máis grave debeuse á caída dunha árbore sobre un vehículo aparcado na Praza da Lexión. Tamén se produciu a caída dunha rama na zona infantil da área de xogos do parque de San Lázaro e a retirada dunha árbore que estaba a piques de esborrallarse sobre a estrada na veciña localidade de Velle.

Ademais, a liña de tren das Termas tivo que ser suspendida pola tarde debido á presenza de ramas pola pista que leva até as pozas de Outariz. Os bombeiros foron avisados para retirar as ramas e a Policía Local procedeu a pechar o servizo por precaución.

En Saceda foi preciso retirar unhas pedras da calzada que une o Pazo de Ramirás con Palmés. Debido a que unha das rocas era de gran tamaño foi precisa a intervención dos servizos da Concellaría de Infraestruturas.

Os refachos de vento provocaron a caída un muro á beira do matadoiro, xunto á entrada do antigo taller municipal, pero tamén avisos en varios valados de obra e a ampliación do perímetro de seguridade para evitar danos materiais e persoais.

Ademais, os bombeiros retiraron un farol da rúa San Mamede que ameazaba con caerse sobre a vía e foi preciso asegurar as iluminacións de nadal na rúa Inmaculada e na céntrica rúa do Paseo.

O resto de actuacións producíronse pola caída de carteis e obxectos ás rúas, así como pola apertura de xanelas en edificios oficiais.

FERROLTERRA

En concreto, en Ferrol, entre os incidentes rexistrados inclúese a caída dunha palmeira a media tarde do domingo na zona do peirao de Curuxeiras, ademais do desprendemento dalgúns ferros de zinc e tellas dun par de vivendas e algunhas inundacións.

Tamén os Bombeiros de Ferrol foron mobilizados para asegurar unha estada que ameazaba con desprenderse da fachada sobre a que está en cálea Concepción Arenal. Ademais, algunha das arcadas de iluminación do Nadal sufriu problemas e unha delas desprendeuse sobre un vehículo na intersección da Estrada de Castela coa rúa Vila Soidade, sen causar danos persoais. Noutras rúas de Ferrol, sobre todo do barrio da Magdalena, producíronse apagamentos temporais.

Durante a mañá o túnel da Praza de España, entre a Avenida de Vigo e Avenida do Rei, estivo sobre unha hora pechado ao tráfico debido a unha inundación. Pola noite, na zona de Caranza, na zona do pavillón Javier Gómez Noya e o Hospital Juan Cardona, tamén se rexistraron problemas de inundacións.

Na comarca de Ferrolterra, entre os incidentes máis destacados inclúese o desprendemento de parte dun tellado dun edificio situado no municipio de Fene, en Tellerías, ademais da entrada en dúas vivendas unifamiliares da parroquia de Limodre, en leste mesmo municipio, de augas fecais.

En boa parte dos municipios desa comarca diversos árbores caeron, o que cortou o tráfico de vehículos e, en moitos casos, motivou, ademais, que se rexistrasen falta de subministración eléctrica, como foi o caso das Pontes, Valdoviño, Cariño, Mañón, Cedeira e As Somozas.

En Cariño, parte de tellado da antiga sala de cinema La Solana tamén se desprendeu como consecuencia dos refachos de vento. E nas estradas, dous vehículos víronse involucrados sobre as 18,30 horas do domingo nunha saída de vía na autovía AG-64, que une Ferrol con Vilalba, á altura do punto quilométrico 18, no municipio de San Sadurniño, pero non se rexistraron danos persoais.

As condicións meteorolóxicas provocaron a suspensión de diversas actividades ao aire libre o domingo e o luns. Entre as desta xornada, a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiados aprazou até o día 18 a concentración prevista pola por motivos meteorolóxicos.

INCIDENCIAS EN ESTRADAS

En canto á rede viaria autonómica, a Xunta indicou que na provincia da Coruña foi cortado un carril da estrada AC-400 por mor da caída dunha árbore que procedeu a ser retirado. Ademais, concretou que se pode circular pola AC-552 en Sabón, após solucionar as incidencias que causaron o seu peche ao tráfico o domingo pola noite.

Mentres, na provincia de Ourense recoméndase circular con precaución na estrada OU-312, á altura do quilómetro 10, onde se procedeu a retirar unha árbore caída.

Na provincia de Pontevedra tamén se recomenda conducir con precaución na estrada PO-407, onde se produciron arrastres na cuneta, ou na PO-552 --quilómetro 59--, zona na que se procedeu a resolver incidencias.

Pola súa banda, fontes de Aena sinalaron a Europa Press que após as incidencias rexistradas até a tarde do domingo, o tres aeroportos galegos operan "con normalidade" este luns.

Temas: CHUVIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 miguel barbeito

Comentarvos que faltaría poñer no pé de foto da arbore de Carballo foto de arquivo pois esa árbore caiu no 2015

1 Conciencia

Unión Fenosa tiene subcontratadas la resolución de las averías en la red de suministro de energía eléctrica, de manera que ayer se quedaron barrios enteros sin luz y una subcontrata de Fenosa llegó hoy tan pancha a las 10:00 de la mañana a arreglar la avería, que finalmente era que les había entrado agua en el centro de transformación. En pleno centro de una ciudad gallega y sin luz durante más de 12 horas. Ese es el servicio que dan en Galicia, el servicio es cada día peor.