A historia real das Marías

O Ateneo compostelán organiza este martes na libraría Couceiro a presentación do libro 'Las Marías de Santiago', unha nova visión sobre as irmás María e Coralia Fandiño Ricart escrita pola xornalista Áurea Sánchez.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2017 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A libraría Couceiro, situada na compostelá praza de Cervantes, acolle este martes ás 20:00 horas a presentación do libro 'Las Marías de Santiago', de Áurea Sánchez. Ademáis da autora, participará no evento o secretario do Ateneo de Santiago, Francisco Candela, en representación da organización que promove o evento.

Estatua das Marías na Alameda compostelá.
Estatua das Marías na Alameda compostelá.

María e Coralia Fandiño Ricart, máis coñecidas como As Marías ou As dúas en punto foron moi célebres na cidade compostelá debido aos seus paseos continuos polas rúas collidas do brazo, ás súas vestimentas e ao seu carácter reivindicador e libertario.

Despois do golpe militar, as irmás sufriron de ameazas, maltratos físicos e psicolóxicos e diversas torturas por parte dos falanxistas, e aínda que sobreviviron, sufriron secuelas psicolóxicas. Eran irmás de Manuel, Antonio e Alfonso Fandiño Ricart, sindicalistas pertencentes á CNT, perseguidos e encarcerados durante a dictadura franquista. Malia isto, co tempo seguiron saíndo ás mesmas rúas, coas mesmas vestimentas e o mesmo carácter e liberdade polas que se lles coñecía, ata o seu falacemento na década dos 80.

A autora, Áurea Sánchez, é xornalista e doutora en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en prensa, radio e televisión e é autora das novelas 'Destino… Cancún' e 'La vida en mil pedazos'. Preside a Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago. A principios de ano, Áurea Sánchez puxo en marcha unha campaña de crowdfunding para recabar apoios para a publicación deste novo libro sobre as entrañábeis Marías.

Dende hai máis de dúas décadas, Compostela réndelles homenaxe cunha estatua na entrada da Alameda, na que os visitantes soen facerse fotografías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta