Porto Cabral, sen apoios no Parlamento

Os catro grupos da Cámara galega, co socialista Abel Losada a título persoal, secundan as posicións da Plataforma Polo Comercio Local - Non a Porto Cabral, que teme que a iniciativa poida destruír ata 6.000 empregos no comercio da comarca viguesa.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 10/12/2017 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

A totalidade dos grupos do Parlamento galego xa coñecen os plantexamentos da recién creada Plataforma polo Comercio Local – Non a Porto Cabral, que aglutina o 90% do comercio de Vigo e a súa área de influencia. En xeral, segundo representantes da plataforma, os partidos con representación parlamentaria transmitiron o seu apoio as posicións deste colectivo.

Portavoces desta plataforma, representando ás asociacións viguesas de Príncipe, O Calvario (Aceca) e Travesas (Aetravi), e polos concellos veciños a Asociación de Empresas de Rendondela (AER), mantiveron esta semana unha rolda de reunións no Parlamento de Galicia. Primeiro cos responsables de En Marea, co seu voceiro Luís Villares ao frente; tamén có BNG e a súa voceira, Ana Pontón; con membros do grupo parlamentario do PP (a viguesa Teresa Egerique e o diputado redondelán José Alberto Pazos); e por último co vigués Abel Losada, representando o PSdG-PSOE.

A todos se lles informou do que a implantación deste macrocentro suporía para o sector a destrucción de miles de empregos na comarca de Vigo, un paso atrás no desenvolvemento sustentábel de Vigo e arredores, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo dende hai anos.

A devandita plataforma pediulle aos grupos parlamentarios galegos que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto. PP, BNG e En Marea comunicaron que están nesa liña, mentras que o socialista Abel Losada, que falou a nivel persoal, dixo que apoia os comerciantes pero que será o partido quen decida que facer neste tema, algo que non teñen aínda decidido.

Os deputados recoñeceron aos membros da plataforma que a presentación de 70.000 firmas a favor de Porto Cabral non ten, a nivel parlamentario, ningún tipo de validez.
O comercio local reúne a uns 20.000 negocios en Vigo e a súa área, que dan traballo a 30.000 persoas, e o sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%.

Os representantes da plaforma, cos deputados do PP no Parlamento.
Os representantes da plaforma, cos deputados do PP no Parlamento. | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 ATILA O HUNO

operarcion especulativa de puro ladroecio que ten asegurada a ruina... o estoupar o clásico globo inflado, despois quedara a xentiña co cu o aire... mais do de sempre...

3 Anti...

Hai moitas sinaturas de portos castrons pra Vigo. Pagados ben certo é, a fame fai asinar calquera cousa ata a sua propia pena de morte.

2 moinhos

Excelente noticia. Xa era hora que os empresarios de Vigo tivesen conciencia de País, e tomarán está iniciativa. Porto Cabral é unha burbulla dun fondo de inversión para enriquecerse aínda máis cos recursos sociais, económico e naturais. Destruíndo a xa mermada economía local. Ademais usan técnicas moi agresivas, como pagarlle a uns mozos por cada sinatura que consigan.

1 sr7dt8fy9

Un grupo instrumental intentando frenar el crecimiento de la ciudad? Adelante Porto Cabral!

1 Mael

Os únicos que apoian esta monstruosidade son os de Compromiso por Galicia (CXG), e non chegan nin a 1500 votos na cidade de Vigo...