Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2017 | Actualizada ás 10:31
A recentemente constituída asociación ‘Hablamos Español', impulsada por Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, comezou nesta ponte festiva coa súa recollida de firmas a prol da liberdade de elección de lingua e para garantir os dereitos dos hispanofalantes en todas as comunidades de España.
‘Hablamos Español’ organizou unha xornada de recollida de firmas na madrileña Puerta del Sol, que segundo a propia Gloria Lago, foi “un éxito que ha superado nuestras expectativas más optimistas”.
O pasado outubro, o Congreso dos Diputados aprobou unha proposta de lei de ‘Hablamos Español’ para garantir que os hispanofalantes de todas as comunidades autónomas teñan os mesmos dereitos lingüísticos e poidan escoller idioma. Agora, a asociación ten nove meses para alcanzar as 500.000 firmas necesarias para que a iniciativa sexa debatida nas Cortes.
Segundo a propia asociación, a campaña de recollida de firmas no chamado ‘kilómetro cero’ da Puerta del Sol reuniu a voluntarios de toda España que acumularon “decenas de miles de firmas” dende as dez da mañá até as dez da noite do venres e numerosos madrileños, ademáis de aportar a súa rúbrica, uníronse á campaña e ofrecéronse a recoller eles mismos máis sinaturas.
“Estoy emocionada con la acogida del pueblo de Madrid a la iniciativa. Los españoles, cada vez más, están concienciados del problema lingüístico que existe en muchas comunidades”, afirmou Gloria Lago. A presidenta de ‘Hablamos Español’ dixo sentirse “abrumada” pola resposta masiva dos madrileños e turistas de toda España. “Desde aquí extenderemos nuestra labor a todos los rincones de España”, dixo a presidenta de Galicia Bilingüe, que anunciou que a próxima visita será a Barcelona.
Gloria Lago insistiu que se trata de “un problema de derechos civiles, con grandes implicaciones afectivas, y que afecta a la educación de nuestros hijos, a nuestra libertad, a nuestro país”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.