Temas: SECA CHUVIA

Unha borrasca profunda pero insuficiente contra a seca

Meteogalicia prevé "choiva forte e xeneralizada" en toda Galicia, con ata 40 litros por metro cadrado, para este domingo, pero o país necesita precipitacións prolongadas "ao longo de varios días", algo que polo momento non se agarda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2017 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A borrasca que "con bastante actividade" chegará a Galicia este domingo, tal e como avanzou Meteogalicia, prevé "choiva forte e xeneralizada" en toda a comunidade. As predicións apuntan a que se alcanzarán os 40 litros por metro cadrado, pero esta cantidade de auga será "insuficiente" para paliar a seca, que necesita de "choiva prolongada ao longo de varios días".

Greenpeace documenta a seca no Encoro Belesar en Portomarín, Lugo.
Greenpeace documenta a seca no Encoro Belesar en Portomarín, Lugo.

Os meteorólogos do servizo dependente da Consellería de Medio Ambiente explicaron a Europa Press que, polo momento, "non parece que vaia a suceder" que se rexistren precipitacións prolongadas durante varias xornadas.

En troques, esta semana podería marcar un cambio de tendencia, abrindo paso a que volvan as precipitacións máis habituais para esta época. Axencias estadounidenses, que fan modelos a medio prazo, prevén un arrinque de ano con chuvia abondosa en Galicia.

Para estes próximos días, ademais da choiva, Meteogalicia informou de que "o vento" será o protagonista durante a xornada do domingo. Con todo, o temporal "só permanecerá en activo" un día, a pesar de que o luns aínda "se sentirán minimamente os seus efectos". Con todo, "regresará o frío" e "a choiva caerá de forma intermitente a medida que avance a semana".

Por outra banda, para este venres prevense "choivas persistentes de baixa intensidade", que "se desprazarán cara ó sur". Estas, como indicou a axencia meteorolóxica, tenderán a "desaparecer a partir da tarde". Así, incidiu en que "non haberá gran cantidade de precipitacións, pero si un ambiente cargado de humidade".

Predición de Meteogalicia para o domingo 10 de decembro de 2017
Predición de Meteogalicia para o domingo 10 de decembro de 2017

Así mesmo, para o sábado a situación "será similar", tal e como asegurou Meteogalicia. Ademais, persistirá "un ambiente de moita humidade" e "choivas de baixa intensidade" que se repartirán por todo o territorio galego. Con todo, mantense o prognóstico de "máis humidade que choiva".

TEMPERATURAS SUAVES

Meteogalicia comentou que as temperaturas durante esta xornada do venres "manteranse suaves". Ademais, "as precipitacións e o vento que sopra de sur" farán "desaparecer as xeadas".

Neste sentido, os termómetros rexistrarán "moi pouca oscilación térmica", con valores "moi próximos ós 10 graos a calquera hora do día". O sábado, estes valores manteranse, aínda que "poden baixar un pouco as mínimas".

Pola súa banda, a xornada de domingo as temperaturas serán "suaves", de novo "sen xeadas". Con todo, tampouco "se producirá un aumento significativo" das mesmas ó longo do día.

Temas: SECA CHUVIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta