Feijóo acusa a Caballero de “xogar coa saúde” dos vigueses "con fondos públicos"

“Se en vez de utilizar o diñeiro de Vigo para construír beirarrúas, hoxe habería potabilizadoras na cidade”, dixo. O rexedor vigués acusa ao presidente galego de "facer política coa seca".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/12/2017 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Nova guerra entre Núñez Feijóo e Abel Caballero. O presidente da Xunta acusou ao rexedor de “despilfarrar” os cartos públicos e utililizalos para “fins electorais” e "xogar coa saúde da xente". E desta volta, foi a conta da seca que padece Galicia, unha situación que lonxe de unir a este concello e ao goberno galego, semella que ten provocado que se agudice o crónico enfrentamento que manteñen desde que Feijóo é presidente e Caballero alcalde de Vigo.

Abel Caballero, alcalde de Vigo e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta
Abel Caballero, alcalde de Vigo e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta

“Investiu millóns e millóns de euros de todos os vigueses en beirarrúas e losetas cun claro obxectivo de ter rendemento electoral, en vez de gastalos nos que o tiña que gastar, que era nun sistema de potabilización das augas”, dixo o presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta en alusión aos problemas de potabilización de augas desta cidade.

Ademais, acusou a Caballero de "negar durante 14 meses" que a potabilizadora non tiña capacidade para cumprir a súa función a medida que "baixaba o caudal". De feito, esgrimiu que se trata dunha actitude "especialmente grave" e de "unha irresponsabilidade" que non viu "en ningunha Alcaldía".

Feijóo reiterou que non foi até o pasado venres cando houbo "o primeiro escrito oficial" do Concello. "E apuramos o que nos permite a lei para reducir a canle ecolóxica", agregou, en defensa da "celeridade" do Executivo autonómico fronte ao Consistorio vigués, ao que acusou de "xogar coa saúde da xente" e "facer política coa saúde". "O Concello terá que explicar isto", sentenciou, antes de engadir que agora a Xunta vai informar aos cidadáns. "Aínda que é o Concello o que ten a responsabilidade, a competencia e quen cobra os impostos. Daremos información sen alarmismos", sentenciou.

“INFORMACIÓNS SEN ALARMISMOS”

Neste sentido, anunciou que se requiriu ás empresas que xestionan a auga --en Vigo e a súa área metropolitana, segundo concretou Sanidade-- que informen "en tempo real" das análises das traídas para determinar a potabilidade co obxectivo de "dar información, sen alarmismos", aos cidadáns. De feito, avanzou que, se as mostras saen mal, desaconsellarase o consumo humano.

"A Consellería está a requirir a todas as empresas contratadas analíticas e que nos pasen en tempo real as mostras e informaremos os cidadáns sobre se as traídas son potables non. E visto o que pasou en Vigo, farémolo noutras concas ou lugares. Daremos a información para tranquilizar ou advertir", aseverou o presidente. E é que as choivas desta semana, segundo o presidente, "poderían evitar a mala noticia", pero é necesario que o ratifiquen as analíticas.

E FEIJÓO "FAI POLÍTICA"

 

Pola súa banda, o alcalde de Vigo acusou a Feijóo de "facer política" co problema de seca e co abastecemento de auga, e incidiu en que as necesidades da cidade olívica teñen que ver coa situación do encoro de Eiras e co chamado 'sistema en alta', que é "responsabilidade da Xunta de Galicia", e non coa súa potabilizadora (ETAP).

 

O rexedor olívico lembroulle ao presidente galego que a potabilizadora da cidade "é supramunicipal", posto que o 17 por cento da auga que fornece vaise a outros municipios da contorna.

 

Segundo incidiu, a ETAP cumpre a súa función, "en condicións normais", "de forma excepcionalmente boa" tanto para Vigo como para Cangas, Moaña e Redondela. Así mesmo, insistiu en que "nestes momentos, a auga de Vigo é potable, e así o indican as análises que certifica a Xunta de Galicia", que é a administración que garante, en última instancia, a calidade da auga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Natasha Rostova delasRestreva

Si, e despois seica poden gobernar xuntos, cos de Rivera e imaxino que contarán cos Comúns (porque se non polo momento as contas non saen seguindo as enquisas) en Cataluña: http://www.eldiario.es/politica/Raj... Vaites, xa o dicía un personaxe (agora mesmo non lembro cal) na película Escipón el Africano de Luigi Magni: "políticos, de día discuten e de noite pasean xuntos"... Ai, coma se bota de menos o bo cine italiano. En xeral bótase de menos calquera chispa de pensamento. En fin, recoméndovola para a fin de semana. https://www.youtube.com/watch?v=VGx...

1 Anti...

Xa están de liortas o caballero se cabalo, noxento ministro, azucre no leita a pre d idenza da xuntiña e alcalde da cidade estado de Vigo con simboloxia franquista por tódolos recunchos da cidade un do PCG que inda ten unha debeda co profesor Beiras de cando o comunista era estudante. Pon barcos nas rondas que é o maior logro que fixeches na política. O demáis pra esquecer.