Os eucaliptos que se plantan en Galicia pero se venden en Europa

O 95% da celulosa producida pola empresa ENCE en Galicia vai destinada ao mercado da UE. O principal país importador é Alemaña.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 07/12/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A eucaliptización de Galicia xa é un problema europeo. Representantes de 20 entidades galegas relacionadas co patrimonio cultural reunironse este mércores en Bruxelas coas eurodeputadas alemáns Maria Heubuch (Verdes), SabinLosin (GUE/NGL) e o eurodeputado Stefan Eck (GUE/NGL). E por que con alemans?, porque este país é o principal receptor da madeira de eucalipto galega.

Máquina cortando eucaliptos
Máquina cortando eucaliptos

O 17% do territorio galego está inzado de eucaliptos dirixidos principalmente a abastecer demandas da UE. De feito, o 95% da celulosa que produce a empresa ENCE vai destinada ao mercado europeo, sendo o principal receptor Alemaña, cun 23% da produción, seguido de Italia, co 16%. E os representantes destas entidades puideron explicarlles aos alemáns, de primeira man, as graves consecuencias deste escenario e, nomeadamente, as referidas ao risco incendiario e á perda do patrimonio arqueolóxico.

Convidados pola eurodeputada do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, denunciaron a “orientación exclusivamente economicista e cortoplacista, ao servizo da industria do eucalipto-celulosa” do actual modelo forestal da Xunta de Galicia, engadindo a súa preocupación pola falta dunha lexislación “que defenda, de verdade, a protección do patrimonio fronte aos usos industriais e forestais do monte”.

MONOCULTIVOS

Precisamente o monocultivo indiscriminado de especies arbóreas alóctonas, invasoras e pirófitas, xunto á falla de planificación na xestión do monte e a demanda de madeira da industria da celulosa e a falta de control sobre a súa orixe, foron denunciadas neste encontro como “as principais ameazas para a sostenibilidade do patrimonio forestal e etnográfico galego”. Ademais informaron de que o valor da madeira talada cada ano en Galicia -principalmente pinos e eucaliptos- suma 300 millóns de euros dirixidos ao sector privado, pero o propio custo da extinción e mantemento desta colleitasupón un gasto anual de 175 millónsde cartos públicos. 

Xuntanza de colectivos do patrimonio galego con eurodeputados de Alemania
Xuntanza de colectivos do patrimonio galego con eurodeputados de Alemania | Fonte: AGE Europa

Lídia Senra, pola súa banda, destacou tamén a necesidade de “seguir traballando dende o Parlamento Europeo e as institucións comunitarias para conseguir que o eucalipto sexa incluído no Decálogo de especies invasoras da Unión Europea”. “A paisaxe e a biodiversidade forman parte do patrimonio cultural” -destacou a eurodeputada galega- “e máis en pobos como o galego, onde o monte é unha das nosas principais claves etnográficas, forma parte fundamental das nosas tradicións, gastronomía, lendas e imaxinario como pobo...”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Miguel82

Bos días. "..pero o propio custo da extinción e mantemento desta colleita supón un gasto anual de 175 millóns de cartos públicos." A qué se deben concretamente eses 175 millóns? Subvencións?

4 Lad

Quen remata en Ence de directivo?o mesmo alto cargo pepeiro que desregula o monte.

3 A verdade

Señora Lidia Serra cale a boca dunha vez e deixe de mentir e difamar. Se vostede quere voltar á lareira e o carro das vacas volte pero deixe aos demais vivir. Datos erróneos, manipulación, mentiras,.... Así lle foi, pero ben que cobra o seu sueldiño, non a vexo todos os días pola aldea coa desbrozadora, moito falar pero para os demais.

2 Arturo

Non é Xunta quen pranta eucaliptos, senón os propios galegos ( algúns, claro) . A noticia parece que da a entender que é Xunta a dona do monte, e que é Xunta quen explota o monte, e quen pranta eucaliptos, ao decir que a culpa da proliferación dos ecucaliptos a ten a " orientación" da Xunta. Pois non. A Xunta non promove a prantación de eucaliptos, e quen os pranta son algúns galegos aos que non lles importa para nada destrozar o país a cambio de gañar uns pesos. Mentres non asumamos esto, non hai nada que facer.

1 Verdade

Perdona, pero la Xunta si promueve la plantación de eucaliptos. Tira de hemeroteca y de discursos y verás cómo se habla a los paisanos de la ventaja de la rentabilidad de plantar estas especies, en lugar de hacer otro tipo de inversiones. La Xunta claro que no planta, pero si promueve que se planten eucaliptos, y que se replante con eucaliptos.

1 ferrolan do pisco

Os políticos alemáns son homes e mulleres de Estado e crían empresas de Transformación aquí os nossos políticos so son políticos .unhos caciques de aldeia , por elo esta Terra que estes rábulas condenan ao tercermundismo. con moito gosto do rebaño se-movente de votantes so produce e exporta materias primas, sen elabourar, .....sarna con...