Pontón: "A Constitución é froito dun pacto entre o franquismo, o exército e as forzas políticas estatais"

"Foi a esquerda española, que hoxe se di republicana, quen puxo a un rei; que se di laica, pero avalou os privilexios da Igrexa; que se di federalista, pero apoiou un Estado unitario", di do PSOE. Os nacionalistas presentarán no Parlamento galego unha proposta de "novo estatus de nación" para Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2017 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este mércores que os nacionalistas "non festexan" o Día da Constitución Española porque, para eles, o texto é o "froito dun pacto de silencio, dun acordo entre o vello réxime franquista, o exército e as forzas políticas estatais".

Ana Pontón e Lois Diégues no acto do BNG contra a Constitución
Ana Pontón e Lois Diégues no acto do BNG contra a Constitución | Fonte: Europa Press

Así o expresou a dirixente durante un acto celebrado en Santiago este mércores, no que os nacionalistas denunciaron "a involución, os recortes e unha recentralización que só ten como fin salvagardar o 'status quo' e os privilexios do réxime do 78". Unhas declaracións que contrastan cos valores constitucionais e a unidade de España defendidos polo editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey, nun acto ao que asistiron e aplaudiron a propia Pontón e o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, así como tamén o líder de En Marea e a de Podemos Galicia.

Para Pontón, a Transición trátase dun "relato feliz" á vez que "fraudulento". "Esta é a Constitución dos herdeiros do franquismo reconvertidos en demócratas de toda a vida, a dos militares golpistas, a Conferencia Episcopal máis reaccionaria, dos monárquicos e da oligarquía económica e financeira", esgrimiu.

"O nacionalismo nunca aceptou este marco, porque nós non imos tragar un réxime que inclúe a impunidade duns crimes franquistas, a volta dunha monarquía medieval ou a negación de que Galicia existe e de que temos dereito a decidir sobre o noso camiño", expresou Pontón.

E é que, para a portavoz nacional do Bloque, a esquerda española, que agora "clama contra o réxime do 78", foi a que "posibilitou" esta estrutura. "Foi a esquerda española, que hoxe se di republicana, quen puxo a un rei; que se di laica, pero avalou os privilexios da Igrexa; que se di federalista, pero apoiou un Estado unitario", argumentou en alusión ao PSOE.

Así, os nacionalistas consideran que "non se equivocaron de bando" na súa posición contra a Carta Magna, ao contrario que "outros que se equivocaron hai 40 anos e volven facelo agora ao pensar que o problema é Cataluña, Euskadi e Galicia e non ven que o problema é esa idea desfasada dunha España unha, grande e libre". Un réxime que, en palabras de Pontón, lexitímase na Constitución de 1978.

"ESTATUS DE NACIÓN" PARA GALICIA

Neste contexto, Pontón propuxo unha "ruptura democrática" por unha Galicia na que se poida "decidir que futuro" queren construír. Así, adiantou que o BNG proporá, no próximo pleno do Parlamento autonómico, "abordar a situación desta crise do réxime" e un "novo estatus de nación para Galicia".

No acto tamén se homenaxeou a tres dos deputados que foron expulsados da Cámara autonómica en 1982 por negarse a xurar a Constitución, Claudio López Garrido, Bautista Álvarez e Lois Diéguez, presente no acto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Nexus 6

Y entonces, ¿Quiénes tenían que pactar?

7 Hermerico

E os seus amigos de la voz de galicia que pensam disso?

6 Noa Ramos

Pontona es el mejor ejemplo de los defectos de la Constitución de 1978, cuyo estado de las autonomías no resuelve nada pero da de comer a muchos mangantes como ella con sueldos siderales como el suyo. Sin embargo, de haber seguido el modelo de la UPG - el de Pontona - seríamos un erial como la Venezuela chavista, la Cuba comunista o la monarquía comunista de Corea del Norte, con todo opositor bajo tierra o en un campo de concentración.

5 nostrus

Que los nacionalismos desprecien la Constitucion solo demuestra la calaña de la que estan hechos y se ve que no tendria ningun reparo imponernoe una que solo gustara al cinco por ciento de la poblacion y en contra de la inmensa mayoria, o sea que solo gustara a ellos. La Constitucion actual fue refrendada por el pueblo y si aun perdura es porque nos ha servido y si no la hemos cambiado es porque no quisimos, porque nadie nos lo impidió. Si algun dia se reforma ha de ser con el consenso de la mayoria. La actual constitucion es inmensamente mas democratica que la del 31, que fue hecha por un parlamento salido solo con el voto masculino, no fue ratificada por el pueblo mediante referendum y solo garantizaba la oficialidad del español.

1 Nexus 6.2

Camarada Nostrus, no te avergüences de ser fascista. Es un orgullo ser un verdadero patriota español, tú lo sabes, no hay nada más grande. Reconozco tu esfuerzo para combatir las bestias separatistas, pero te falta valentía, un empujoncito. No temas en decir la verdad, nuestro historiador de cabecera, el intelectual Pío Moa, natural de la región gallega como El Caudillo, deja bien claro que la Constitución del 78 es la continuidad del franquismo. No debemos avergonzarnos de ser los ganadores, los que marcamos la línea a seguir. Cuídate y, lo dicho, sal del armario camarada!

4 LKI

BeNeGá, sempre atacando á esquerda española, nunca á dereita española. Aínda se deben moitos pufos...

1 LKK

Moita esquerda e moita dereita pero ao final o que vos une é serdes españois.

2 LKI

Claro, o 90% dos galegos "somos españois". Só sodes "galegos auténticos" os supremacistas cipaios do BeNeGá. Con razón nunca fostes independentistas.