Por E.P. | PONTEVEDRA | 03/12/2017 | Actualizada ás 11:53
O pintor Manolo Moldes (Pontevedra, 1949), integrante da Real Academia de Belas Artes e membro fundacional do colectivo Atlántica, faleceu este domingo por mor dunha repentina enfermidade.
Familiares do pintor, que tamén é profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, confirmaron o falecemento do artista, pouco despois de que a súa última exposición pechase as súas portas no Museo Provincial de Pontevedra.
El mesmo participou moi activamente até o final da mostra, con visitas guiadas para o público que acudiu a observar o repaso á súa obra, que se exhibiu nese museo nos meses de verán e contou cunha grande afluencia.
O corpo vélase no Tanatorio de San Mauro, Pontevedra, desde as 13,00 horas deste domingo. Este luns, ás 17,00 horas, celébrase un acto civil no mesmo lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.