O xulgado sobrese e arquiva a causa contra Telmo Martín na súa anterior etapa como alcalde de Sanxenxo

Fora denunciado pola recualificación duns terreos hai máis de dez anos e seguíase contra el unha causa por un suposto delito contra a ordenación do territorio e por suborno e negociación prohibida a funcionario público.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 02/12/2017 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cambados sobreseu e arquivou a causa contra o actual alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, pola súa anterior etapa á fronte do Consistorio, segundo informou o PP da localidade costeira.

Telmo Martín González
Telmo Martín González

Concretamente, Martín, que recuperou a alcaldía de Sanxenxo en maio deste ano após un acordo cos independentes que ostentaban o bastón de mando, fora denunciado pola recualificación duns terreos hai máis de dez anos e seguíase contra el unha causa por un suposto delito contra a ordenación do territorio e por suborno e negociación prohibida a funcionario público.

A primeira denuncia presentouse ante o Seprona en agosto de 2006 pola Asociación de Veciños San Cristóbal de Portonovo e, nela, afirmábase que Construziona obtivera unha licenza para un edificio que afectaba a un humidal protexido. Dous meses despois, a asociación decidiu presentarse como acusación particular, e ampliar a denuncia aos delitos de suborno e negociación prohibida.

Entre tanto, Telmo Martín foi elixido senador do PP por Pontevedra e houbo unha consulta ao Tribunal Supremo, como aforado. O alto tribunal determinou, naquel por momento non investigar a Martín, xa que dixo que "por agora" (en referencia a marzo de 2013) non constaban "indicios de criminalidade".

ONCE ANOS DE INVESTIGACIÓN

O xulgado número dous de Cambados abriu unha investigación para determinar se a construción de tres bloques de vivendas na zona do humidal de Baltar, en Portonovo, Concello de Sanxenxo (Pontevedra), supuña un delito contra a ordenación do territorio.

Nun primeiro momento, o xulgado acordou o arquivo da causa, pero esta orde foi revogada pola Audiencia Provincial de Pontevedra. Posteriormente, a asociación veciñal que impulsou a primeira denuncia, ampliou as súas acusacións.

Nesa ocasión apuntaban a Telmo Martín, que xa fora alcalde de Sanxenxo entre 1999 e 2006, xa que Construcuatro, empresa da que era socio, obtivo "inxentes beneficios", na venda á empresa Construziona dos terreos sobre os que se construían os bloques de vivendas. Ademais, aludían a unha recualificación dos terreos no Plan Xeral de Ordenació Municipal (PXOM) aprobado durante o mandato de Telmo Martín.

Após desaparición de documentación da causa, o Xulgado de Instrución número 2 de Cambados ditou, en xullo de 2012, un auto no que sinalou a existencia de indicios "que facían presumir a posible comisión do delito contra os recursos naturais e o medio ambiente", así como "un delito de suborno e outro de negociacións prohibidas aos funcionarios" polos novos feitos denunciados, polo que se inhibiu a favor do Supremo, ao ser Telmo Martín aforado.

ARQUIVO DA CAUSA

Despois de once anos, e segundo informaron os populares de Sanxenxo este sábado, as dilixencias foron arquivadas e sobreídas este pasado 20 de outubro.

"Aínda que tardou 11 anos, finalmente a Xustiza confirmou que non houbo ningunha ilegalidade na concesión da licenza, que era falso que afectase a un humidal e que a acusación de suborno e negociación prohibida a un funcionario público non tiña base, pois non houbo recualificación nin beneficio ilegal", afirmou este sábado Telmo Martín, mediante un comunicado.

Nese mesmo comunicado, o actual rexedor de Sanxenxo cuestionou a lentitude da Xustiza á hora de resolver este caso, pero tamén culpou a "partidos políticos que usan a acusación particular para prexudicar a un rival". Neste sentido, sinalou ao BNG, xa que no medio deste proceso Telmo Martín se presentou ás eleccións á Alcaldía de Pontevedra, onde gobernan os nacionalistas desde 1999, e que en 2007 "conseguiu manter aínda que estivo a piques de perdela".

Telmo Martín subliña que a peritaxe que foi achegada no seu momento á causa "acredita que non só non houbo recualificación", senón que "ademais" o plan xeral "reduciu a edificabilidade da parcela".

"NUNCA MÁIS VOLVEREI FALAR DO TEMA"

"Fago público este longo comunicado porque creo que teño o dereito e a obriga de informar á opinión pública de como se produciron os feitos. Especialmente, cando tiven que soportar once anos de instrución do caso sen ser sequera imputado ao longo de todo este tempo. Once anos de graves acusacións ao ritmo das respectivas eleccións ás que concorrín", denuncia Telmo Martín.

O actual rexedor de Sanxenxo cre que o seu comunicado "xerará reaccións entre quen sinala como responsables da posta en marcha e mantemento dunha denuncia absolutamente infundada, pero dáme igual", entre os que citou ao concelleiro do BNG Vicente García Legísima, que se acudiu como acusación particular.

Telmo Martín conclúe a súa declaración asegurando que "pecha este desagradable capítulo" da súa vida e afirmando que "nunca máis" volverá "falar do tema".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Anti...

Non hai com ser do pepe pra que che arquiven as causas ou che troquen os xuices por outros máis achegados a movimento.

1 Lozano e Lores SLU

Iso é a tan cacareada independencia do poder xudicial, dependente do PP, do PsoE e tamén das comparsas necesarias (CiU, PNV e IU). Haberá que ver se Podemos, agora vai poder, se tamén vai participar da mamadurria. E non esquezamos, a endogamia conservadora, o Opus como secta colocadora, a herdanza da ultradereita do réxime anterior. Pois quen mellor para garantir a continuidade sistémica que uns xuices franquistas! Non o esquezamos, o pai de Raxoi era xuiz, e fíxolle grandes servizos a causa (caso Redondela), logo o seu fillo non saiu da nada... Todo atado e ben atado! E os papéis incómodos queimanse ou machácase o disco duro, e as persoas cal viva (en nome da alternancia do PsoE)! E aínda hai partidos que pactan co PPsoE, verdade BNG? Polas migallas, a fame e a indecencia fai estragos!