A xuíza do caso dos 'miguelianos' dá por concluído o sumario con 17 procesados por varios delitos

A maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número uno de Tui (Pontevedra) dá por concluído o sumario da causa coñecida como dos 'miguelianos' cun total de 17 procesados, entre eles o líder da Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo, Miguel Rosendo, e outros membros da súa familia e algúns adeptos, en relación con varios delitos.

VIGO | 30/11/2017 | Actualizada ás 14:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número uno de Tui (Pontevedra) dá por concluído o sumario da causa coñecida como dos 'miguelianos' cun total de 17 procesados, entre eles o líder da Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo, Miguel Rosendo, e outros membros da súa familia e algúns adeptos, en relación con varios delitos.

Tal e como consta no auto, ao que tivo acceso Europa Press, a causa séguese por supostos delitos de asociación ilícita, delitos contra a integridade moral, delito de agresión sexual, delitos de abusos sexuais con prevalimiento, delitos de abusos sexuais, delitos contra a Facenda Pública, e delito de branqueo de capitais.

O sumario foi remitido á Audiencia Provincial de Pontevedra para que requira a cada unha das partes que emitan o seu escrito de cualificación, despois do que se decidirá se se arquiva a causa ou se se abre xuízo oral. Miguel Rosendo permanece en prisión desde o 14 de decembro de 2014 en relación con estes feitos.

De acordo co auto de procesamento ditado en decembro de 2016, o líder da Orde foi procesado por un delito de asociación ilícita, 24 delitos continuados contra a integridade moral, un de agresión sexual, 25 de abusos sexuais, un continuado contra a Facenda Pública e un continuado de branqueo de capitais.

Ademais, foron procesados a súa esposa, Carmen Sánchez, e os seus dous fillos, Cristian Miguel e Verónica, por delitos continuados contra a Facenda Pública e de branqueo de capitais; e outras 13 persoas, entre eles a súa man dereita, Marta Paz, e outra pseudomonja ás que denominaba 'bastóns', así como tres matrimonios e un sacerdote.

Así mesmo, no auto de procesamiento impúxose ós investigados fianzas por un total de case 2,5 millóns de euros; e tamén se estableceu a responsabilidade civil subsidiaria do Bispado de Tui-Vigo, o que se fundamentou en que "a constitución e funcionamento da Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo estivo amparada e actuaba ao servizo e baixo a dependencia do Bispado".

A ORDE

A Orde chegou a ter uns 400 seguidores no seu momento álxido e tiña o seu centro de operacións nun chalé en Santa María de Oia (Pontevedra). Na primavera de 2014 os seus integrantes foron expulsados polas autoridades eclesiásticas, e un grupo reducido trasladouse a dúas sedes en Madrid (Collado Villalba e El Escorial).

Miguel Rosendo e Marta Paz foron detidos o 11 de decembro de 2014 en Madrid, desopois do que el foi enviado a prisión e ela quedou investigada con obrigación de comparecencias semanais. Días máis tarde, o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, asinou o decreto de supresión da Orde e Mandato.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta