Temas: CINEUROPA CINE

O filme ‘L'insulte’, de Ziad Doueiri, gaña a XXXI edición do festival Cineuropa

Na primeira edición do Xurado Novo de Cineuropa, o premio foi para 'A fábrica de nada', do portugués Pedro Pinho.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/11/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O filme 'L'insulte', de Ziad Doueiri, resultou gañador da XXXI edición do festival Cineuropa após superar a 'Lucky', de John Carroll Lynch, e 'Visages Villages', de Agnès Varda e JR. O filme vencedor logrou do público un 8,56.

Cartel da película gañadora da XXVI edición de Cineuropa
Cartel da película gañadora da XXVI edición de Cineuropa

'L'insulte', unha mirada reflexiva ao conflito que leva anos enfrontando a palestinos e cristiáns libaneses, tamén obtivo este ano o premio ao mellor actor no Festival de Venecia e o premio do público do American Filme Institute.

"É cinema político e, ao tempo, emanación dunha loita individual pola dignidade", tal e como o describiu o director de Cineuropa, José Luis Losa, quen ve na vitoria deste filme "unha continuidade entre os valores do público e a temática reivindicativa" desta edición.

PREMIOS XURADO NOVO

En paralelo, na primeira edición do Xurado Novo de Cineuropa, o premio foi para 'A fábrica de nada', do portugués Pedro Pinho.

Ademais, este xurado composto por sete novos distinguiu a dirección de Lynne Ramsay na película 'You were never really here'.

O mellor guion recaeu en Michael Haneke, por 'Happy end'; mentres o premio 'Dereitos Humanos' foi para 'Estados Clandestinos', de Marc Iglesias e Paula Monteiro.

Como mellor actriz foi galardoada Laetitia Dosch, polo filme 'Jeune Femme'; e en categoría masculina o recoñecemento dirixiuse a Meinhard Neumann, actor en 'Western'.

Finalmente, o premio especial do xurado foi para a película 'Tesnota / Closeness', dirixida polo ruso Kantemir Balagov.

Temas: CINEUROPA CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta