Temas: EDUCACIóN

Convocadas axudas para o fomento do uso do galego en centros públicos e privados

A Xunta destina 300.000 euros aos públicos e 22.600 aos privados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/11/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixo públicas no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas convocatorias de axudas para o fomento da lingua galega, unha dirixida a centros de titularidade pública e outra a centros de titularidade privada. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 15 de xaneiro de 2018.

Manifestación da plataforma 'Queremos Galego'.
Manifestación da plataforma 'Queremos Galego'.

O crédito destinado ao financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de ensino públicos ascende a 300.000 euros, mentres que para os privados é de 22.600 euros.

Ambas as convocatorias teñen a finalidade de contribuír ao financiamento das actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega e o profesorado responsable de cada proxecto de fomento do galego durante o curso académico 2017/2018 naqueles centros educativos que imparten ensinanzas regradas de niveis universitarios e que contan con menos de seis unidades.

Os equipos ou profesorado responsable da dinamización da lingua galega nos centros educativos que desexen optar a estas axudas deberán presentar un proxecto de actuación de cuxa valoración dependerá fundamentalmente a contía -un máximo de 800 euros- que obterán para desenvolvelo. Terase en conta tamén o número de alumnado con que conte o colexio ou instituto.

Os criterios de valoración dos proxectos avalían o grao de implicación nestes por parte dos distintos membros da comunidade educativa; o nivel de utilización das tecnoloxías da información e da comunicación; o grao de colaboración con outros centros educativos, así como con entidades, institucións e asociacións externas ao colexio ou instituto; a realización de actividades plurianuais e a tipoloxías das actividades propostas.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Anti...

O pailan que dí que hai que dar diñeiro pra falar galego que lle pregunte a mariana cantos miles de millóns de euros lle dá aos vascos pra que segan a ser españois. Pailan.

7 balbino

Centos de Millóns e millóns para a igrexa, centos de millóns e millóns para centros privados de educación, centos de millóns para asociacións franquistas e fundación tipo Faes e cía, millóns para xornais en castelán.... todo isto non importa, o que proe son dous duros para o maior legado cultural do noso povo, en fin non me estraña que existan independentistas...o raro é quen non existan máis.

6 Fernando G

É unha auténtica vergoña que nestes tempos de miseria se adiquen esos diñeiros para o peto dos compinches do lobby da lingua.

5 Revelador

Agora mesmo están en portada dúas novas sobre subvencións públicas no ensino: 300.000 euros para fomentar a nosa lingua e 240 millóns para a educación privada (privada, mais sostida publicamente co diñeiro de todos). Revelador que a nova do galego estea chea de bile e na outra nen un só comentario. É incríbel a galegofobia sectaria froito do adoctrinamento españolista que profesan algúns.

4 Sustenteibol

O bloque o que quere é que os nenos estuden en purtujés, o que pasa que non hai collóns para decilo.