O detido por un lume dunha hectárea nos Blancos abona unha fianza de 2.500 euros e sairá de prisión este martes

Miguel Ángel M.N., detido por un incendio dunha hectárea producido o 15 de outubro por unha imprudencia nunha leira familiar dos Blancos (Ourense), abonou na mañá deste martes unha fianza de 2.500 euros e sairá de prisión ao longo do día, segundo informan a Europa Press fontes xurídicas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2017 | Actualizada ás 11:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Miguel Ángel M.N., detido por un incendio dunha hectárea producido o 15 de outubro por unha imprudencia nunha leira familiar dos Blancos (Ourense), abonou na mañá deste martes unha fianza de 2.500 euros e sairá de prisión ao longo do día, segundo informan a Europa Press fontes xurídicas.

A Audiencia Provincial de Ourense emitiu un auto logo dun recurso presentado pola defensa de Miguel, despois de que o xulgado de Xinzo que leva o seu caso decretase prisión cautelar sen fianza, no que fixa o depósito desta cantidade para poder saír de prisión ao non apreciar risco de reiteración de delito nin de fuga, mentres que tampouco observa prexuízo para o avance da investigación, sinalan as mesmas fontes.

Deste xeito, Miguel cumpre máis de 40 días no cárcere após ser detido en Vigo ás 8,30 horas do 18 de outubro por un lume dunha hectárea nunha leira familiar dos Blancos, no marco dunha vaga de incendios da fin de semana do 14 e 15 de outubro que arrasou con 49.000 hectáreas.

Este veciño de Vigo de 55 anos pasou a disposición xudicial o 19 de outubro e desde entón atópase na prisión ourensá de Pereiro de Aguiar. No día da súa comparecencia dixo aos xornalistas que estaba na leira asando uns "chourizos".

Foi un dos fundadores do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) e recibiu o apoio de máis dunha vintena de asociacións ecoloxistas galegas nas últimas semanas, xa que o ven como un "chibo expiatorio" da vaga de lumes, á vez que resaltan a súa traxectoria de compromiso social e ambiental.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta