O disc golf chega a Galicia

O parque do Monte do Gozo, grazas á iniciativa do Compostela Disc Golf Club, estrea esta fin de semana o primeiro campo galego, aberto ao público de balde e cun percorrido de 18 canastras.

Por gcdeportes | Compostela | 18/11/2017 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

As regras son coma as do golf, pero no canto de paus e bólas xogase con canastras e discos. Dezaoito canastras, un par 58, distrubuídas nun campo de 1.775 metros no parque do Monte do Gozo. Compostela conta dende esta fin de semana co primeiro campo de disc golf de Galicia, aberto ao público de balde.

Unha das canastras instaladas no Monte do Gozo.
Unha das canastras instaladas no Monte do Gozo. | Fonte: Compostela Disc Golf Club

Para darlle a benvida a esta modalidade deportiva, importada de Norteamérica e con moito éxito en Finlandia e Noruega, este sábado o campo acolle un torneo de iniciación ao Disc Golf (tamén chamado frisbeegolf), coa visita dos mellores dicgolfistas a nivel estatal e algún internacional, que explicarán a todo aquel que se achegue ao Monmte do Gozo os fundamentos desta modalidade deportiva.

Todo grazas á iniciativa do Compostela Disc Golf Club, que dirixe o arquitecto Iván Gutiérrez de Terán, que coñeceu o deporte en Asturias (Oviedo tivo os dous primeiros campos en España, agora hai oito co de Compostela), converteurse nun dos mellores xogadores españois e comezou xa no 2013 as xestións ante a Xunta para instalar un campo de disc golf  no país. Á fin, o Goberno galego apostou polo disc golf como unha actividade máis para tentar revitalizar a contorna do Monte do Gozo.

O campo, diseñado por Carlos Río, asturiano afincado en Oslo, onde venceu en varios campionatos nacionais, cumpre ademáis con todos os requesitos necesarios para acoller no futuro campionatos de España, converténdose deste xeito no segundo campo destas características de todo o Estado.

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, probando co 'frisbeegolf'.
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, probando co 'frisbeegolf'. | Fonte: frisbeegolf.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta