Como comezou o Goberno de Madrid a comprar os medios galegos logo do Prestige

O Executivo central utilizou parte do diñeiro do Plan Galicia a “patrocinar --mejor sin que conste expresamente el mecenazgo--", as seccións de "verano" de La Voz de Galicia e Faro de Vigo para "afianzar las relaciones con los medios citados, promover la afluencia de visitantes gallegos al litoral afectado y propiciar un clima social positivo entre los hosteleros".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 16/11/2017 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Finais de 2002. A xestión da catástrofe do Prestige estaba sendo un desastre. Centos de milleiros de persoas sairan a rúa berrando Nunca Máis e a costa de toda Galicia seguía chea de chapapote. Madrid envía a Galicia ao ex ministro franquista Rodolfo Martín Villa como Comisionado para a catástrofe do Prestige. A súa función; tentar coordinar toda  información e as actividades relacionados coa catástrofe.

Voluntarios limpan nas praias o chapapote do 'Prestige'
Voluntarios limpan nas praias o chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

O Goberno de Madrid encarga entón un completo informe sobre a situación política e mediatica do país. Un informe no que, como xa publicou GC, se daba conta das tensións interans dentro do PPdeG ante a sucesión de Fraga entre os da boina, de Xosé Cuíña, e os do birrete, liderados por Romay Beccaría. E tamén nese completo dossier explicábase cal era a liña editorial dos principais medios de Galicia, e o que había que facer para “domesticalos”. 

Para iso, o Goberno de Aznar destinou grandes cantidades de diñeiro. Acababa de aprobar o Plan Galicia, con 12.500 millóns de euros para tentar acalar as numerosas críticas que lle chovían de todos os sectores económicos, políticos e sociais. Parte deses cartos irían destinados aos medios de comunicación.

LA VOZ E FARO DE VIGO

O informe, ao que tivo acceso GC, céntrase no papel dos principais xornais do norte do país, La Voz de Galicia, e do sur, Faro de Vigo, principalmente, polas influencia que os dous tiñan en áreas fortemente afectadas polos verquidos do petroleiro. Así, destaca o “papel creciente de La Voz de Galicia en toda la franja litoral de las provincias de A Coruña y de Lugo, mientras que en la costa pontevedresa alcanza mayor influencia Faro de Vigo”.

Voluntarios recollen nas praias aves afectadas polo chapapote do 'Prestige'
Voluntarios recollen nas praias aves afectadas polo chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

Con todo, o documento é crítico coa información do xornal coruñés, xa que as súas catorce edicións "propician un fenómeno de sobrecobertura informativa que a menudo tiene como efecto convertir en noticia hechos banales, o prolongar en el tiempo el seguimiento de los sucesos relacionados con el accidente del Prestige".

Tamén se refire a importancia que entón tiñan as emisoras radiofónicas locais e as televisión locais, "especialmente la cadena Localia". Por iso, recomendase "recurrir" a estes medios pero "cuidando de no caer en excesos y evitando, salvo excepciones, comparecencias del Comisionado del Gobierno".

“SOBREEXPLOTACIÓN” DE INFORMACIÓN DO PRESTIGE

O mesmo texto destaca que nos medios locais, en referencia aos medios galegos, se produce unha "sobreexplotación" de información do Prestige. "Puesto que el espacio disponible para información local es mucho y los acontecimientos noticiosos no son tantos como para nutrir de contenidos esas páginas y esas horas de emisión, los medios de comunicación están convirtiendo en noticia hechos poco relevantes", apunta.

O informe vai máis alá ao dubidar da "profesionalidade" dos xornalistas que cubren os feitos para estes medios. "La presencia excesiva se ve agravada por la baja cualificación profesional o inexperiencia de los informadores" apunta, xa que "habitualmente, la información local de pequeñas poblaciones como Corcubión, Muxía o Carnota es encomendada a redactores noveles,e incluso a colaboradores no profesionales del periodismo, que a menudo cometen errores en la valoración de los hechos, confunden conceptos e infieren un daño gratuíto". 

Por iso, o Goberno central, aposta por "abrir una línea de producción de contenidos concebidos para su publicación en páginas locales, de modo que, mientras no disminuya el seguimiento también en esas secciones --como ya ocurre en el cuerpo general de los diarios--, al menos podamos conducir la cobertura en positivo". 

COMO INFLUÍR NOS MEDIOS

A idea do Executivo central é manter informado aos medios con temas varios sobre as súas actuacións no desastre; limpeza do litoral, limpeza dos verquidos no mar, recursos humanos ocupados nas tarefas, volume de pesca e marisco desembarcados e cifra de negocio en primira venta ou datos comparativos de ocupación hoteleira. "La difusión de los informes generará también la necesidad de aportar a las emisoras de radio y de televisión portavoces autorizados que puedan explicar, por medio de entrevistas, el contenido de los documentos facilitados".

Neste documento tamén se insiste na necesidade de que, cando menos, "una vez al mes, el Comisionado concederá una entrevista a un diario gallego", mentres que nos medios radiofónicos ou televisivos "se podrá programar una entrevista cada quincena". "El Comisionado del Gobierno sólo comparecerá en espacios de ámbito regional o nacional, nunca local, salvo que algún acontecimiento relevante lo exija".

INFORMACIÓN “PATROCINADA”

Por iso, as recomendacións máis importantes son as referidas á "información non programada" e á "información patrocinada". Así, na primeira, o Comisionado aportará información "digna de crédito, clara, oportuna y positiva" a determinados medios, mentres que a segunda está, sobre todo, reservada a La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Deste xeito, o Goberno central "podrá patrocinar --mejor sin que conste expresamente el mecenazgo--", as seccións de "verano" de La Voz de Galicia e Faro de Vigo para "afianzar las relaciones con los medios citados, promover la afluencia de visitantes gallegos al litoral afectado y propiciar un clima social positivo entre los hosteleros". GC informará específicamente sobre este patrocinio en vindeiras entregas.

Pero este trato, aínda que sen pagalo, tamén se fai estensivo aos medios públicos de televisión e radio para que "incluyan en su programación contenidos semejantes, debidamente adpatados a las singularidades del medio".

ESPECIAL ATENCIÓN A LA VOZ

Precisamente, esta presencia mediática servirá para "entrar en detalle de asuntos de su competencia que serán determinados en función de criterios temporales, geográficos y otros". Con todo, préstase atención na cobertura das edicións locais de La Voz de Galicia para que o Comisionado "nutra de contenidos a las emisoras locales y a las ediciones comarcales" do xornal coruñés. "En este último caso, procurarán siempre aportar documentación escrita y, si recurren al género de la entrevista, tratarán de supervisar la transcripción de sus declaraciones", recolle o informe.

No documento, tamén se fai especial fincapé na disposición que ten o Goberno central para que os xornalistas se poidan embarcar en medios aéreos ou marítimos. "En los contactos habituales con los periodistas se les recordará esta posibilidad", conclúe.

A partir de entón, a información crítica dos medios galegos desapareceu. A liña editorial dos principais medios mudou case por completo e o que antes era desorganización e caos por parte da Xunta e do Goberno central, comezou a ser “operacións de colaboración, coordinación e reconstrución” de Galicia. Precisamente, o Plan Galicia dos 12.500 millóns de euros comezaba a surtir efecto.

Portada de La Voz do 14 de novembro de 2012
Portada de La Voz do 14 de novembro de 2012
Portada de La Voz do 18 de xaneiro de 2013
Portada de La Voz do 18 de xaneiro de 2013
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Xesús Ateo Recalcitrante

A compra da prensa, senón a propiedade encuberta, adoita ser un costume indecente de moitísimos partidos de goberno e gobernos de dereita. Pero para que teña efectos hai que xuntala coa indecencia dos propietarios dos medios e de xornalistas que se prestan a que se manipule a realidade. Que lle imos facer? Estamos no Reino de Essspaña.

2 Pondaliao

Cándo a Voz falaba de marea negra... tempos aqueles!

1 non o vexo¡¡

Coido que a expresión medios galegos non é atinada. NON son medios galegos son medios que traballan en Galicia. Nunca fixeron unha defensa sistemática dos intereses de Galicia en 50 anos que teño de vida. polo tanto son medios que traballan en galicia pero non son galegos. de tódolos xeitos non culpemos aos medios, do país que temos .... o país que temos é o que nos merecemos os galegos.... Acaso so están vendidos eles ao pp.... os sindicatos non? os gandeiros non? os empresarios non? Ourense está dominada pola voz de galicia ou é que hai outros problemas....

1 Corrupción institucionalizada

A xente non deseña o sistema. O sistema venlle dado. A culpa non é dos galegos entón, senón dos que deseñan o sistema para beneficiarse de Galicia. Despóis hai todo tipo de conflitos de interese pero o problema está nos que marcan as pautas, nos que as impoñen. A poboación sobrevive e fai o que pode.

2 perica

En relación con el despido de el compañero decir que en contestación a la ugt , no se ha negociado nada con la secretaria y os vamos a dejar un enlace en el que se vea el sentodo de el voto de los directores xerais https://www.csi.es/agade.Recordar que estamos negociado la equiparación.

3 peque

Dende as uxetes negamos a negociación pero recoñecemos a necesidade dun recorte en persoal en agade e apoiamos a cons.

4 A verdade

Se mal non entendo todo o que non pense coma ti é un vendido? Ou peor, os que non votan o que ti queres son uns vendidos? Ou peor, non asumes que hai xente contenta con que os goberna democráticamente elixidos nas urnas? Eu creo, que moitos estades un pouco fóra da realidade e nos mundos de yupi.... e non tolerades que a xente vota libre e o que lle peta... Democracia se chama.

5 Cachondeo

Democracia es votar libremente y no lo que quiere el cacique de turno o el enchufado de turno agradeciendo su enchufe

6 Agustito con el regimen

Demo...queeeee... esta es la democracia que nos la han metido entre todos.... supoño que traballas na Diputación.. ..

7 anonimo

.É que sen medios de comunicación libres pouca democracia pode haber, xa que a xente non pode tomar decisións libres baseándose en informacións sesgadas, manipuladas, cando non directamente falsas ...E no Estado Español, a día de hoxe, a prensa máis influínte está toda vendida...