Medio cento de científicos galegos súmase á alerta mundial para salvar o planeta

A revista BioScience publica o manifesto 'Advertencia dos científicos do mundo á Humanidade: un segundo aviso', asinado xa por 17.500 por investigadores de 184 países.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 15/11/2017 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Vintecinco anos despois da primeira advertencia, a comunidade científica internacional volve lanzar unha nova alerta para tentar salvar o planeta Terra. 15.364 investigadores de 184 países —35 deles, de Galicia— asinaron até o 23 de outubro pasado un documento titulado 'Advertencia á humanidade dos científicos do mundo: un segundo aviso', que actualiza o asinado por máis de 1.700 investigadores (entre eles, a maioría dos premios Nobel en vida) en 1992, cando alertaron de que os impactos humanos na natureza probablemente levarían a unha "gran miseria humana" e a un planeta "irremediablemente mutilado".

Seca.
Seca.

Coincidindo co 25 aniversario daquela declaración histórica, lanzada pola Unión de Científicos Preocupados, a nova organización Alianza de Científicos Mundiais revisou a advertencia orixinal no que consideran "un segundo aviso" e indican que, coa excepción de que a capa de ozono estratosférico se estabilizou, as noticias non son nada boas para o planeta.

O artigo, escrito por un equipo internacional liderado por William Ripple, profesor da Facultade de Ciencias Forestais da Universidade Estatal de Oregon (Estados Unidos), sinala tendencias negativas en nove temas ambientais a partir de datos de axencias gobernamentais, ONG e investigadores, o que podería desencadear un "dano substancial e irreversible" á Terra.

"A humanidade non está a tomar as medidas urxentes necesarias para salvagardar a nosa biosfera", advirten na declaración, na que sinalan que continúa a maioría das ameazas descritas en 1992 e engaden que, "alarmantemente, a maioría delas están a empeorar".

Entre esas tendencias negativas nos últimos 25 anos sinalan que hai 26% menos de cantidade de auga doce dispoñible por habitante, menos peixes capturados no medio silvestre, un 75% máis de zonas mortas no océano, unha perda de 300 millóns de acres de terra forestal (gran parte dela convertida para usos agrícolas), un incremento significativo nas emisións de gases de efecto invernadoiro e na media das temperaturas, un aumento do 35% na poboación humana e unha baixada do 29% na cantidade de mamíferos, réptiles, anfibios, aves e peixes.

"Desencadeamos un evento de extinción masiva, o sexto en aproximadamente 540 millóns de anos, no que moitas formas de vida actuais poderían estar aniquiladas ou polo menos comprometidas de extinción para finais deste século", advirten.

Dos 15.364 investigadores que asinan este novo manifesto, 994 localízanse no Estado español. E de todos estes, 35 sinaturas son de Galicia.

A estes asinantes estanse sumando a posteriori, desde o 23 de outubro, centos de científicos de todo o mundo que están a asinar tamén o documento orixinal. Até hoxe son 2.139 máis, dos que 14 se localizan en Galicia. Así, son xa en total medio cento os investigadores no país que apoian este manifesto e 17.503 en todo o mundo, a esta data.

Os asinantes de Galicia da declaración, antes do día 23 de outubro, son:

Albor, Xiana
Asesora de Sustentabilidade e xerente de Produción
Tamboura Films

Ayensa, Garbiñe
Xefa de Unidade de Documentación e Apoio Científico
INTECMAR - Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

Bañón, Rafael
Instituto de Investigación Mariñas-CSIC

Besteiro, Celia
Profesora do Departamento de Zooloxa, Xenética e Antropoloxía Física
Universidade de Santiago de Compostela

Briones, Maria J.I.
Dept. de Ecología y Biología Animal 
Facultad de Biología
Universidade de Vigo

Bruzos, Alicia L.
Estudante de doutorado, Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía 
Universidade de Vigo

Calviño Cancela, María
Profesora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal
Universidade de Vigo

Cameselle, Alejandra L.
Investigadora posdoutoral en Xeociencias Mariñas
Universidade de Vigo

Debén García, Sofía
Estudante de doutorado en Ecoloxía
Universidade of Santiago de Compostela

Díaz Varela, Emilio
Profesor do Departamento de Enxeñaría Forestal
Universidade of Santiago de Compostela

Díez, Catalina
Oceanografía
Universidade de Vigo

Domínguez, Jorge
Profesor de Zooloxía
Universidade de Vigo

Fernández Cordeiro, Antonio
Doutor en Bioloxía e inspector ambiental
Consellería de Medio Ambiente - Xunta de Galicia

Fernandez Silva, Iria
Investigadora do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía
Universidade de Vigo

Gallardo Gómez, María
Estudante de doutorado no Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía
Universidade of Vigo

González, Luís
Profesor do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo
Universidade de Vigo

Martínez Santalla, Sara
Graduada en Bioloxía e estudante de doutorado
Universidade de Santiago de Compostela

Martínez Escauriaza, Roi 
Licenciado en Bioloxía Mariña na Universidade de Santiago de Compostela
Observatório Oceânico da Madeira 

Navarro, Luis
Profesor do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo
Universidade de Vigo

Páez de la Cadena, María
Profesora da Área de Bioquímica e Bioloxía Molecular 
Universidade de Vigo

Parapar, Julio
Profesor do Departamento de Bioloxía
Universidade da Coruña

Pérez-Polo, Sara
Estudante de doutorado na Estación de Bioloxía Mariña da Graña
Universidade de Santiago de Compostela

Posada, David
Professor de Xenética
Universidade de Vigo

Rocha, Sara
Investigadora posdoutoral en Bioloxía
Universidade de Vigo

Rodríguez, Jonatan
Investigador no Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo
Universidade de Vigo

Rodríguez Vázquez, Raquel
Estudante de doutorado
Universidade de Santiago de Compostela

Rodríguez Morales, Beatriz
Estudante de doutorado e investigadora no grupo de Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social
Universidade de Santiago de Compostela

Rojas Nossa, Sandra V.
Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal
Universidade de Vigo

Rolán, Emilio
Investigador ad honorem, Museo de Historia Natural
Universidade de Santiago de Compostela

Rolán Álvarez, Emilio
Profesor de Xenética
Universidade de Vigo

Sampedro, Luis
Científico de  Xenética  e Ecoloxía forestal
Misión Biolóxica de Galicia - CSIC

Sánchez, José M
Profesor do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo
Universidade de Vigo

Urgorri, Victoriano
Profesor de Zooloxía da Estación de Bioloxía Mariña da Graña
Universidade de Santiago de Compostela

Vale, Ángel
Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo
Universidade de Vigo

Villasante, Sebastián
Profesor do Departamento de Economía Aplicada
Universidade de Santiago de Compotela

Os asinantes de Galicia que se sumaron a posteriori, e até hoxe, ao manifesto son:

Amigo, Javier
Profesor do Departamento de Botánica
Universidade de Santiago de Compostela

Canle, Moisés
Profesor do Departamento de Química
Universidade da Coruña

Cobo, Fernando
Profesor do Departamento Zooloxía, Xenética e Antropología Física, e director da Estación de Hidrobioloxía"Encoro do Con"
Universidade de Santiago

Garrido González, Josefina
Profesora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal
Universidade de Vigo

Gonzalez Costa, Juan Jose
Doutor en Ciencias do Solo
Universidade de Vigo

Hernández-Ruiz, Marta
Estudante de doutorado en Microbioloxía Mariña
Universidade de Vigo

Isidro, Besteiro
Biólogo

López Quiroga, Eva
Estudante
Universidade de Vigo

Moldes Figueiral,  Óscar A.
Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo
Universidade de Vigo

Ondina, Mª Paz
Profesora de Zooloxía
Universidade de Santiago de Compostela

Padín Santos, Damián
Estudante de doutorado en Química Orgánica
Universidade de Santiago de Compostela

Pardo, Isabel
Profesora de Ecoloxía
Universidade de Vigo

Pita, Pablo
Investigador en Bioloxía Mariña e Economía
Universidade de Santiago de Compostela

Prieto Fernandez, Angeles Investigadora
Instituo de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia - CSIC

Vazquez, María
Dourora en Acuicultura
Clúster de Acuicultura de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Agardo

... que se sumen moitos máis ao manifesto.

2 XanKaraLlás

O capitalismo é quen está a destruir o planeta Terra. O seu depredador sistema económico, de codicia sen límites e aumentar ganancias sen parar e a toda costa, é o que nos leva ao desastre porque o capitalismo, no que debemos incluír tamén a China, é xa un sistema anacrónico e antisocial, que hai muito tempo que cumpriu a súa función histórica.

1 Lois Breixo Gonçalves

Estou buscando neste medio a noticia da rutura do tripartito Marea-EU-BNG en Mugardos... e non a atopo. Alguén pode botarme unha man?

1 Científico Anonymous

Ti, ademais de parvo, es a versión máis cutre e patética dun troll en paro. O planeta Terra está máis seguro sen xente coma ti. Necesitamos máis científicos e menos cretinos coma ti para manternos a salvo da ignorancia.

2 Lois Breixo Gonçalves

Acouga, científico tolo. Só pedía algo de información sobre a desfeita do tripartito de Mugardos ou, no seu defecto, da rutura do multipartito de Cambados, que tampouco vin neste medio. Supoño que ti es o típico liberado da Marea que ten medo de perder o seu postiño. Pero eu non che teño a culpa

3 Científico Anonymous

Mira, é moi lamentábel e patético que uses unha información coma esta para deixar aquí as túas frustracións políticas. Busca outras novas, outros foros, pero non veñas trollear en asuntos que nada teñen que ver coas túas obsesións políticas. Mira, xa podes quedar tranquiliño > http://www.galiciaconfidencial.com/... Mentres, nós, os científicos, seguimos ao noso. A tentar salvarvos da queima da ignorancia. Saúde e sorte co teu.

4 Lois Breixo Gonçalves

Moitas grazas, científico da Marea, polo enlace e por salvar o mundo!

5 Científico Anonymous

Non hai de que, upegallo. Pero eu nin resido en Galicia nin son de ningún partido. Sorte co teu.