GC Aberto

Cerna saúda a república catalá

Cerna respecta as decisións das institucións catalanas no exercicio do seu dereito radical democrático a decidir polo tanto saúda á república catalana.

Por Cerna (http://www.cerna.gal/) | GC ABERTO | 03/11/2017

Comparte esta noticia

Rexeitamos a decisión do Senado Español e as medidas contra Cataluña que ao seu abeiro estanse a tomar en aplicación do ominoso artigo 155 da caduca Constitución do 78.

Folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez

Entendemos que é o momento máis que nunca de dialogar, de aproveitar a situación creada para abrir un diálogo frutífero e cívico que permita abrir procesos constituintes nas nacións do estado que encamiñen a posibilidade dunha República Confederal Ibérica, que serva para reincorporar a ese proceso a Cataluña independente e nun futuro a incorporación de Portugal, creando así un potente espazo polítco ibérico que conteña toda a pluralidade, que sexa unha auténtica potencia mudial berce de dúas das línguas máis faladas no mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pardao

Xa sei, é un suavizante.

1 Pardao

Cerna que é, un medicamento?