“A TVG parece máis o NODO que un medio de comunicación público”

O PSdeG pide a dimisión do director xeral da CRTVG pola “impresentable e indecente” cobertura da vaga de lumes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A deputada socialista Noela Blanco reclamou este mércores a dimisión do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, pola “irresponsable e indecente” cobertura da vaga de lumes. Así o dixo nunha sesión da Comisión da CRTVG que os socialistas abandonaron logo de que o presidente lle furtara a Blanco o dereito á réplica por facer alusión aos incendios, unha medida que non tomou co resto dos grupos parlamentarios.

Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG)
Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG) | Fonte: PSdeG

“Vostede non tiña que estar hoxe aquí, tiña que estar na súa casa porque debera ter dimitido ao día seguinte ou a mesma noite da vaga de lumes”, dixo, pola cobertura dos lumes cando a TVG “pareceu mais o NODO que un medio de comunicación público”. Tamén criticou a lentitude do ente en comezar a informar sobre a vaga de lumes, continuando coa programación que “só interrompeu para retransmitir unha declaración de Feijóo falando de terroristas incendiarios e que os lumes viñan de Portugal”.

Así, lamentou que a televisión pública “non contribuíra precisamente a axudar a milleiros de persoas que non sabían como reaccionar nunha situación límite”, limitándose a exercer “a forma mais antiga e perigosa de manipulación informativa, que é a falla de información durante horas”.

A TVG continuou emitindo Serramoura, dixo, mentres os mesmos actores pedían nas redes que cortaran o capítulo para ofrecer información sobre os lumes, pero, engadiu, “a directora de informativos non apareceu ata as 23,00 da noite, e o informativo non comezou ata as 23,30, cando xa había dúas persoas mortas”. Mentres, dixo, “había catro mochilas de conexión en directo aquel día, pero estaban en eventos deportivos”.

Criticou ademais que o propio xefe de informativos da Radio Galega continúe no seu posto logo de ter publicado nun medio de comunicación un artigo atacando á oposición para cualificalos de “carroñeiros da información” e acusalos de “mercadear cos cadáveres”.

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo

Abandono da Comisión

Os dous representantes do Grupo Socialista abandonaron a sesión da Comisión de Control á CRTVG cando o presidente da mesma decidiu impedirlle a quenda de réplica á deputada socialista Noela Blanco por, na súa opinión, non cinguirse á cuestión. A parlamentaria socialista transmitiu a súa protesta ao observar que ao resto dos grupos parlamentarios si que lles permitía falar deste tema en exclusiva tanto na primeira quenda como na réplica.

A deputada socialista apelou tanto a estes casos como aos “antecedentes inmediatos” na mesma sesión de control do Pleno do Parlamento, na que o BNG puido tanto intervir como replicar sobre este asunto, por decisión do presidente do Parlamento, a pesares de non ter nada que ver coa súa pregunta. 

Blanco reivindicou “o mesmo dereito” para o Grupo Socialista e denunciou a intención do presidente da Comisión de “amordazar a este grupo parlamentario tal e como se está a facer cos traballadores do ente”, e anunciou que lle reclamará unha “desculpa formal” ao presidente da Comisión da CRTVG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Rafael

Por qué o PS de G en vez de protestar tanto non pide que se aplique a Ley da CRTVG aprobadoa en 2011? o mesmo lle digo a NBG e a En Marea. Temos unha oposición de coña.

4 Valdeorras Nazón

Unha das cousas mellores que poden acontecer en Galicia é pechar a Telegaita, pozo sen fondo de diñeiro de todos, chanchullos, roubos e niño de enchufados que gañan mais que millonarios.

1 Lozano & Lores SLU

Si facha, por certo do que derrocha RTVE e de como manipula ti nunca dirás nada: http://vertele.eldiario.es/noticias... O da CRTVG é unha vergoña, non só do Partido Podre, compartida polo PPsoE e o BNG e polas Mareas de Podemos. E digo a razón: que pintan os representantes da oposición no consello da CRTVG? Van a sentar e a cobrar? Se tivesen dignidade ditimirían e deixarían en evidencia a mafia, pero a mantenta é a prioridade da falsa oposición!

2 Knight

Valderrobas, tiñas que ter estudado máis de pequeno...

3 romer

Sen saneamento , sen auga pública, sen wifi, cos pozos contaminados polo exceso de granxas que medran sen orden algún Ese, é o panorama que imposiblita as novas construccións no concello de Rodeiro. Unha mágoa a cantidade de cartos que se foron e a mala xestión da auga ....

1 perci

Que agardas de un goberno do PP....

2 perci

Que agardas de un goberno do PP....

3 pleis

Non te queixes, hai dous anos que agardo a que o Banco de terras , me resolva un expediente e o único que topo e administrativas pasotas falando en castelán e un abogado que pasa de mín.Vergoñento

2 Abrente

Na TVG eu vexo entrevistas e informacións de tódolos partidos políticos. Nesta noticia sobre o acontecido nunha comisión do Parlamento só se fala dun partido político. Tamén se debería informar cal foi a audiencia televisiva das distintas canles o domingo dos incendios. Non vaia a ser que a TVG gañara a todas e entón tanto as críticas do PSOE como esta mesma noticia quedarían desacreditadas.

1 Sobreira

Non señor, non importa a audiencia. É un medio público e está pagado para informar. Se algo inmediato, universal e de acceso gratuíto como a RTVG non serve para axudar a xestionar catástrofes, só nos quedan as redes sociais. Puido valer moi ben para desmentir bulos, informar da situación, das axudas pedidas e ofrecidas.

1 Luis Ferrolán do Pisco

A Tele Galaica ,tamen alcumada ,Tele Faba e tele gaita e a meirande fonte de desinformación , de feito e a empresa de propaganda do inane ¿ goberno autonomo.. Fai mas dano a Galicia con os seus burlescos programas do que facian aqueles mestres de cuarto de bacherelato cando decian a os nenos. "no hables gallego , habla bien ".