Manuel Baltar e a Deputación de Ourense, líderes en Twitter

Os datos de 'Barómetro Diputación' sitúan o líder do PP ourensán e a súa administración na cabeza de presidentes e gobernos provincias de todo o Estado pola súa actividade nesta rede social. Tamén destacan a Deputación de Pontevedra e a súa presidenta, a socialista Carmela Silva, entre os máis destacados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/10/2017 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Manuel Baltar (PPdeG) é, entre todos os presidentes de deputacións do Estado, o líder en Twitter por actividade e impacto. A conta da Deputación de Ourense é tamén a número un entre todas. Así o reflicten os datos analizados por Barómetro Diputación, conta en Twitter da empresa Postanalytics, que ofrece semanalmente unha clasificación das deputacións e presidentes en base aos chíos publicados nos últimos sete días.

Clasificación en Twitter de presidentes de deputacións
Clasificación en Twitter de presidentes de deputacións | Fonte: Barometro Diputacion (@DiputacionESP).

O presidente da Deputación de Ourense foi o máis destacado de todos os presidentes provincias na última semana, coa maior puntuación grazas ao alto nivel de compromiso e participación que acadan as súas mensaxes nesta rede social.

Nesta clasificación tamén destaca Carmela Silva (PSdeG), presidenta da Deputación de Pontevedra, que aparece no sexto posto.

No que se refire ás contas oficiais en Twitter das deputacións de todo o Estado, a de Ourense tamén lidera esta clasificación, na que tamén destaca a Deputación de Pontevera, no terceiro posto.

Clasificación en Twitter das deputacións
Clasificación en Twitter das deputacións | Fonte: Barometro Diputación (@DiputacionESP).
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Eu mesmo

Unha proba máis de que as deputacións non valen para nada.

1 pepeiros metrosexuais

O de contar escándalos sexuais sempre e boa carnaza para o populacho ...