Denuncian "os primeiros ataques" de lobos a gandarías tras os incendios de San Mamede, en Ourense

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou os "primeiros ataques" de lobos a gandarías tras os incendios rexistrados na serra de San Mamede (Ourense).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2017 | Actualizada ás 19:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou os "primeiros ataques" de lobos a gandarías tras os incendios rexistrados na serra de San Mamede (Ourense).

Concretamente, segundo informou nun comunicado, tiveron constancia dun ataque de lobos sobre unha gandaría na parroquia de Anuilde, en Vilar de Barrio, co resultado dunha vaca e un becerro mortos.

Respecto diso, lembra que se dá a circunstancia de que estivo a arder a serra de San Mamede "sen que houbese ningún continxente contra incendios" que se encargase de extinguir o lume.

O SLG asegura que neste lugar "son habituais" os ataques de lobos sobre gando, problema que, "con toda probabilidade", estase "agora agravando".

E é que, advirte, os últimos incendios puideron afectar gravemente os territorios de caza e posibles presas de lobos que habitualmente habitan estes montes, polo que "agora mesmo, a única maneira que van ter para sobrevivir ao inverno será volver cazar e alimentarse nas granxas que hai na comarca".

"DESASTROSA XESTIÓN"

O Sindicato Lagrego Galego volveu a denunciar a "desastrosa xestión" que, ao seu xuízo, están a facer as consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural á hora de garantir a convivencia da fauna salvaxe coas actividades agrarias e gandeiras.

"Esa política limítase a indemnizar os danos dunha maneira deficiente pois, se tes sorte de ter dereito a indemnización, esta é manifestamente escasa, obriga a unha enorme carga burocrática e, aínda por encima, a administración tarda ao redor de dous anos en ingresarche o diñeiro", denuncia.

Ademais, este sindicato sinalou que "o peor" é que "as políticas preventivas para evitar estes ataques son nulas por parte da Xunta", que abandona as granxas á súa sorte "escudándose en subvencionar sistemas preventivos que non sempre é posible aplicar".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta