Desarticulada unha banda dedicada a roubos en casas na área da Coruña, con cinco detidos

Cometíanos cos residentes na vivenda e nunha ocasión maniataron a unha muller e ao seu fillo de oito anos

A CORUÑA | 20/10/2017 | Actualizada ás 17:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil desarticularon unha banda que se dedicaba a roubar en domicilios cando os seus moradores estaban no interior e que concluíu coa detención de cinco persoas, segundo informa a Benemérita.

Os investigadores non descartan más detencións nas próximas horas, dunha banda considerada "violenta".

Os feitos remóntanse a principios do pasado mes de xuño cando a Garda Civil tivo coñecemento de dous roubos con violencia en senllos domicilios de Carral e Oleiros.

En ambos os caso coincidiu a participación dun grupo organizado composto por polo menos catro persoas, Ademais, utilizaron vestimenta escura, ocultaban os rostros con pasamontañas e usaron armas "para intimidar, ameazar e mesmo agredir ás súas vítimas".

Por todo iso, iniciouse unha investigación da que se puido pescudar que estes individuos seguiran o mesmo modus operandi para roubar noutra casa de Mesoiro (A Coruña) polo que tamén se lles inculpa. Tres meses despois pescudouse a identidade dos autores, que mantiñan unha amizade entre eles.

DETIDOS

Como resultado do operativo posto en marcha, detívose a cinco persoas con idades comprendidas entre os 22 e 42 anos, veciños da Coruña, Cambre e Sada pola súa implicación nos feitos, tras rexistrarse os domicilios de tres deles e un taller na localidade de Cambre.

Isto permitiu intervir un gran número de efectos dos roubos que se lles imputan, así como as armas utilizadas.

Seguindo a mesma liña de investigación, pescudouse que ademais destes feitos os detidos dedicábanse ao tráfico de drogas, tras atoparse nun dos rexistros distintas cantidades de marihuana, 3,5 gramos de cocaína; 350 gramos dunha sustancia branca destinada ao corte de sustancias estupefacientes e elementos destinados á distribución destas drogas.

USO DA FORZA

Os agora detidos utilizaban a forza para acceder ás vivendas, procedendo posteriormente a maniatar ou amordazar ás vítimas, chegando a utilizar nalgunhas ocasións armas de fogo simuladas, pistola táser, coitelos de grandes dimensións ou a forza física.

Segundo a Garda Civil, "tal era a crueldade coa que intimidaban ás súas victimas para que lles indicasen onde estaban os efectos de valor, que nunha ocasión aproveitaron que o dono da vivenda saíra para encararse no seu interior coa muller e o fillo pequeno de tan só 8 anos, a quen maniataron e amordazaron".

Noutra ocasión se ensañaron a golpes cun mozo, "chegando a deixarlle o rostro totalmente amoratado". A unha nova, chegaron a aplicarlle tamén unha descarga coa pistola táser.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta