A Deputación de Lugo promove a recuperación de cinco instrumentos medievais

A Deputación de Lugo puxo en marcha unha iniciativa para promover a realización de talleres para a reconstrución de cinco instrumentos medievais, pero que serán "adaptados para músicos do século XXI".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2017 | Actualizada ás 16:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Deputación de Lugo puxo en marcha unha iniciativa para promover a realización de talleres para a reconstrución de cinco instrumentos medievais, pero que serán "adaptados para músicos do século XXI".

Reconstrución de instrumentos musicais
Reconstrución de instrumentos musicais | Fonte: Europa Press

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, acompañado da deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a concelleira, Carmen Basadre, participaron na presentación deste "pioneiro proxecto de investigación, construción e divulgación de instrumentos musicais medievais".

"É un proxecto que leva consigo unha investigación previa aos talleres, para poder deseñar a planimetría de todos e cada un dos instrumentos, porque hai que pensar que están feitos de pedra en distintas representacións nas edificacións históricas de Galicia, e a partir de aí realizaranse con distintos mestres, algúns recoñecidos a nivel mundial, que despois poderán ser interpretados por músicos do século XXI", resumiu Pilar García Porto.

Búscase, incidiu a deputada provincial socialista, "conseguir, por primeira vez no mundo, que músicos de agora interpreten instrumentos medievais".

CINCO INSTRUMENTOS

O "previsible" é construír unha totalidade de cinco instrumentos. "O importante é a recuperación deses instrumentos", destacou Porto.

Previamente, o presidente Darío Campos concretou que se trata de aparellos "antigos" que aparecen documentados "na Catedral de Santiago e na Catedral de Lugo".

"Trátase de facer un estudo sobre eses instrumentos, para volver recrealos, e a partir do próximo ano facer interpretación con músicos e levar a cabo concertos", expuxo Campos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta