Continúan hospitalizadas no Chuac e Povisa tres persoas por queimaduras debidas aos incendios forestais

Tres persoas continúan ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e no Hospital Povisa de Vigo por queimaduras sufridas durante a vaga de incendios forestais rexistrada en Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2017 | Actualizada ás 11:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas continúan ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e no Hospital Povisa de Vigo por queimaduras sufridas durante a vaga de incendios forestais rexistrada en Galicia.

Diso informaron a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, que concretaron que dúas seguen hospitalizados no Chuac e outra persoa en Povisa.

En concreto, fontes do Chuac precisaron que os dous feridos que permanecen neste complexo, un home e unha muller, continúan estables ingresados na unidade de queimados con feridas de gravidade.

Pola súa banda, aínda que desde Povisa non facilitan datos de pacientes, Sanidade precisa que non hai novidades no estado do paciente que permanece hospitalizado neste centro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta