Falece un mariñeiro tras caer ao mar a sete millas de Cabo Touriñán

Un mariñeiro faleceu tras caer ao mar e golpearse a cabeza cando faenaba a bordo do arrastreiro Sanerín, a sete millas do Cabo Touriñán, na provincia da Coruña.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2017 | Actualizada ás 11:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un mariñeiro faleceu tras caer ao mar e golpearse a cabeza cando faenaba a bordo do arrastreiro Sanerín, a sete millas do Cabo Touriñán, na provincia da Coruña.

Segundo informaron este venres a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, o suceso tivo lugar sobre as 17,42 horas. Nese momento a vítima, que caeu ao mar, foi socorrida polos seus compañeiros, que o subiron aínda con vida.

Ao recibir o aviso, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo con base en Fisterra mobilizou ao Helimer 210, que evacuou ao home ao aeroporto de Alvedro, onde chegou sobre as 19,45 horas. Alí esperábao unha ambulancia do servizo de Urxencias Sanitarias 061.

As mesmas fontes explicaron que o home estaba inconsciente e tiña un golpe na cabeza. Con todo, debido á gravidade das feridas, o home faleceu a pesar dos traballos de reanimación do persoal sanitario.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta