A Xunta reserva 84 millóns nas súas Contas para subir ata o 2% as retribucións de empregados públicos

A Xunta de Galicia reserva nos seus orzamentos para o ano 2018 un total de 84 millóns de euros que permitirían subir ata o 2 por cento a masa salarial dos empregados públicos, unha decisión que, no entanto, dependería do que estableza finalmente a normativa básica que o Estado negocia cos sindicatos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2017 | Actualizada ás 18:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia reserva nos seus orzamentos para o ano 2018 un total de 84 millóns de euros que permitirían subir ata o 2 por cento a masa salarial dos empregados públicos, unha decisión que, no entanto, dependería do que estableza finalmente a normativa básica que o Estado negocia cos sindicatos.

Así o recollen as contas autonómicas que tratou este xoves o Consello da Xunta e que explicaron ao seu termo o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e co presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Así, e en relación tamén aos empregados públicos, os orzamentos da Xunta para o próximo ano prevén un incremento de cadros de persoal de 431 prazas, así como a oferta de 14.750 postos de traballo incluídos no Plan de Estabilidade 2017/2020 acordado entre a Xunta e os sindicatos CC.OO., UXT e CSIF.

Do mesmo xeito, os orzamentos inclúen para os empregados públicos, no campo da conciliación, 22 semanas retribuídas por maternidade, o permiso retribuído de maior duración de España.

EMPREGO

Por outra banda os orzamentos do próximo ano reservan 246 millóns de euros para promoción do emprego e institucións do mercado de traballo, co obxectivo de mellorar a calidade do emprego.

Para fomento da empregabilidade irán 45 millóns de euros, un 3,7% máis que en 2017, dos que 9,7 millóns serán para o reforzo da atención a persoas desempregadas de longa duración; 8 millóns para programas integrados de emprego (14,3% máis); 14,4 millóns para formación profesional para persoas ocupadas e 5 millóns para fomento do emprego no rural.

En canto a promoción do emprego e do mercado de traballo inclusivo, irán 81,3 millóns, un 5,2% máis. Destes, 9,5 euros irán para novas actuacións da estratexia de apoio a persoas autónomas, 14 millóns para fomento da integración laboral das persoas con discapacidades e outros colectivos vulnerables (19,7% máis) e un 9,6% máis para as escolas taller.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta