O orzamento de 2018 esgota o teito de gasto e baixa ao 2,5% a previsión de crecemento por Cataluña

O Goberno galego esgotará o teito de gasto anunciado en xullo deste ano no orzamento do ano 2018, cun gasto non financeiro de 9.487 millóns de euros, aínda que, fronte á estimación anunciada no verán e na liña coa revisión á baixa de España, diminúe a previsión de crecemento económico para o próximo exercicio do 2,7 ao 2,5 por cento.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2017 | Actualizada ás 15:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Goberno galego esgotará o teito de gasto anunciado en xullo deste ano no orzamento do ano 2018, cun gasto non financeiro de 9.487 millóns de euros, aínda que, fronte á estimación anunciada no verán e na liña coa revisión á baixa de España, diminúe a previsión de crecemento económico para o próximo exercicio do 2,7 ao 2,5 por cento.

Reunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da Xunta | Fonte: Europa Press

"Será un crecemento sólido que, de forma moi prudente, situamos nun 2,5 por cento. A baixada débese, sobre todo, a posibles efectos adversos ante a situación de Cataluña", explicou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, quen avanzou o contido das contas, xunto co presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao termo da reunión semanal do Consello da Xunta.

En termos globais, en relación ao orzamento en vigor --á modificación que se concretou no transcurso do exercicio--, a capacidade de gasto é superior en 331 millóns. En canto á taxa de paro para o próximo exercicio, a Xunta sitúaa nun 14,2 por cento e prevé aumentar a ocupación en tempo completo en 17.500 empregos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta