Os traballadores da CRTVG, contra a manipulación informativa dos lumes

O Comité Interempresas da CRTVG difunde un vídeo para a mosar o seu rexeitamente ás prácticas manipuladoras da crise incendiaria.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/10/2017 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O comité Interempresas da CRTVG (Compañía de Radio Televisión de Galicia) posicionouse claramente na crise incendiaria para denunciar as prácticas de manipulación informativa por parte da dirección do ente público, especialmente, o pasado domingo. 

Protesta dos traballadores da CRTVG contra a manipulación informativa durante a crise dos lumes
Protesta dos traballadores da CRTVG contra a manipulación informativa durante a crise dos lumes | Fonte: Comité CRTVG

Por iso, piden a dimisión do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, e o cese da responsable de informativos, Concepción Pombo Otero, que non se presentou na redacción ata pasadas as 11 da noite do pasado domingo, pola “nefasta” cobertura informativa que realizaron os medios públicos dos lumes.

Así, tras concentrarse o luns diante das portas da CRTVG, e ler un manifesto na manifestación de Santiago de Compostela ese mesmo día pola noite, o comité decidiu publicar e difundir un vídeo co seu posicionamento e as súas críticas pola manipulación informativa. O comité considera a reacción dos medios como tardía, xa que as críticas contra Televisión de Galicia e a Radio Galega, empezaron a crecer a primeiras horas da tarde nas redes sociais. 

Por iso, considera “vergoñenta” a cobertura de dez minutos que se lle dedicou no informativo do mediodía, ademais dun pequeno avance informativo, ao redor de sete minutos ás 8 da tarde, cando os incendios levaban máis dun día converténdose nunha traxedia. Así mesmo sinalan que, no informativo da noite, seguiuse o mesmo pobre esquema do informativo anterior, non chegando ao verdadeiro especial ata as 11 da noite, cando xa era tarde para prestar a información necesaria para reaccionar a unha comunidade asfixiada, que se cobrou a vida de catro persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 ERNESTO/A TOXO DE 1ª

E un-ha vergonza que non se diga a verdade, quen foi victima foi o toxo... morreron 83.940.328.104 TOXOS - os vosos picudiños- E NON SAIA NINGUNHA IMAXE DUN TOXO ARDENDO.... asesinos!!!! asesinos!!!! pero que fixemos para merecer este trato... por que a mala querencia que tedes... e falso que transmitados o tetanos nas picadas meus... meus... esta ardendo moito!!!! ---->PP

1 Uxía García

Lo peor que hizo el PP es mantener la Telegaita cuyos hiperpagados trabajadores entraron todos por enchufe. Pagados con dinero público, dinero de todos los gallegos.

1 Knight

Supoño que terás probas diso...