Eucaliptos vs frondosas tras o incendio en Coruxo

Distribúese un vídeo gravado en Fragoselo (Vigo) que tenta confirmar que as zonas de eucaliptais e piñeirais son máis propensas a arder que as frondosas autóctonas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/10/2017 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Un veciño de Vigo gravou na mañá deste martes un vídeo que se está distribuíndo por redes sociais e Whatsapp no que mostra as terribles consecuencias do incendio que arrasou a parroquia de Fragoselo, considerada a 'zona cero' de Coruxo na vaga de lumes que asola estes días Galicia.

Veciños loitan contra o lume en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Veciños loitan contra o lume en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

No vídeo obsérvanse pequenos focos aínda activos e fumeantes e todo un terreo calcinado onde hai principalmente eucaliptos e tamén algúns piñeiros; pola contra, o autor do vídeo achégase a outra zona próxima dominada por frondosas onde o lume apenas conseguiu avanzar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Arturo

Para cederlle o dereito de superficie a ENCE non facía nengunha falta queimar. Ademais, a ENCE sóbralle eucalipto.

2 Arturo

Ben, vale, o lume propágase moito mais nos eucaliptais e nos piñerais que nas frondosas. Xa o sabemos. Pero sabemos tamén que o monte non arde só, que so arde ( na inmensa maioría dos casos ) cando lle prenden lume. E non é a Xunta precisamente quen prende lume. E algo infantil, pero non hai xeito de que moirta xenta entenda eso: os lumes os causan os pirómanos organizados. Nada, coma se o dicimos en chinés: a culpa sempre é da política forestal, da Xunta ou do que sexa, nunca dos incendiarios. A xente confunde as cousas que FACILITAN o lume cos axentes que o PROVOCAN. ¿ E tan difícil de entender ?

1 DJ can de palleiro

O monte arde para cederlle a recuperación da superficie a ENCE, non fai falla nin recalificar... lo pillas? Seguro que plantan carballos. Máis madeira! E ao mellor tamén ten que ver con que a asociación de productores de eucalipto (mayoritariamente norte de Galicia) fixaran un prezo por tonelada que ENCE non quere pagar. Hai que buscar novas superficies, e se son cerca da papelera, pois millor.

2 Resposta a DJ can de palleiro

Por fin alguén decindo a verdade. Por fin. Por iso enseguida as declaracións políticas decían que non había motivacións económicas (excusatio non petita acusatio manifesta). Pero a verdade ao final sairá adiante.

1 O que hai que ver

Menuda demagoxia. Xa se ve o ven coidada que está a masa que ardeu. Con rebrotes de eucalipto e piñeiro cuns 2500 pes na hectárea. Hai que se cateto para facer esta comparación. En fin que a culpa é sempre do pobre eucalipto.

1 undecompostela

estas de coña? do eucalipto e da xunta do pp

2 Xan89

A razón pola que hai tantos incendios é a acción intencionada de moitos ou os descuidos duns poucos. O problema radica en que con tantísima superficie de eucalipto, pequenos conatos transformanse no que vimos esta fin de semana e con especies frondosas eses lumes non avanzan con virulencia e son extinguidos máis facilmemte.

3 O que hai que ler

Pobre eucalipto, non debes chamarte nunca galego, que os galegos de ti se esquecen cando es, ai, tan fermoso