O fume e o cheiro dos incendios en Galicia e Portugal tamén chegaron á Bretaña francesa

Ao igual que en Reino Unido, os habitantes desta zona de Francia observaron como o ceo e o Sol mudaban nunha estraña cor pola combinación de partículas dos incendios no occidente peninsular e po sahariano empurrados polos ventos do furacán Ophelia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/10/2017 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Sucedeu no Reino Unido... e tamén na Bretaña francesa. O ceo tinguiuse este luns de laranxa e o Sol de vermello nun estraño fenómeno favorecido pola chegada de po do Sáhara e do fume dos incendios que asolan Galicia e Portugal, mesturados e empurrados polos fortes ventos do furacán Ophelia, que se desprazaba dende o Atlántico cara a Irlanda.

Ceo alaranxado na Bretaña francesa pola combinación de partículas dos incendios no occidente peninsular e po sahariano empurrados polos ventos do furacán Ophelia
Ceo alaranxado na Bretaña francesa pola combinación de partículas dos incendios no occidente peninsular e po sahariano empurrados polos ventos do furacán Ophelia | Fonte: @PedronGuillaume.

Ao igual que milleiros de británicos, os habiantes da Bretaña compartiron en redes sociais centos de imaxes do que estaban a ver sobre as súas cabezas: un ceo alaranxado e un cheiro a fume, segundo os cidadáns.

Os científicos de Météo France explicaron que a combinación deses tres fenómenos —os lumes, o po do Sáhara en suspensión e o furacán Ophelia— contribuíu a que se producise este estraño fenómeno. Tamén confirmaron que o cheiro a fume era causado polos incendios en Galicia e Portugal, sendo máis pronunciados na mañá do luns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta