Búscanse os mellores relatos sobre a auga

A cuarta edición do Certamen Literario “Relatos de auga intelixente” convocado por Viaqua está en marcha, e se están a recibir xa os primeiros traballos remitidos polos escolares. Desde a organización agardase superar os 561 relatos presentados o ano pasado.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos de centros educativos da comunidade autónoma galega nos que ten presenza a marca como empresa de xestión da auga, persegue contribuír á difusión da cultura da auga e implicar aos escolares no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura, así como á percepción que os alumnos teñen do concepto de cidade intelixente e auga intelixente.

Entrega da primeira edicción do I Certame de Relatos de agua intelixente
Entrega da primeira edicción do I Certame de Relatos de agua intelixente

O certamen, ao igual que as dúas edicións anteriores conta con dúas categorías: Educación Secundaria e Bacharelato/FP, e se desenvolve durante o último trimestre  do ano, sendo o 31 de decembro a data límite de recepción dos traballos. As bases poden consultarse na web  www.viaqua.gal 

Requisitos, xurado e premios 

Os participantes poderán presentar un máximo dun relato curto inédito en galego ou ben en lingua castelán, dunha extensión que non superará as 200 palabras con espazos e escrito en ordenador.

Un xurado cualificador, elixido entre persoas da comunidade autónoma galega vinculadas á creación literaria, a comunicación e aquelas relacionadas co ámbito da auga e o medio ambiente, será o responsable do fallo que se producirá  nos primeros meses do vindeiro ano. 

O autor do relato curto gañador, en cada unha das categorías, se levará un iPAD mini, e o segundo clasificado, un libro electrónico. Tamén se contempla un recoñecemento ao centro educativo que presente o maior número de relatos de alumnos/as.

A entrega de premios aos gañadores se celebrará na semana do 22 de marzo de 2017, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Auga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta