O Breogán, tres de tres

O Cafés Candelas lucense vence 73-86 a Lleida tras sentenciar o choque no último cuarto cun parcial de 0-13, sendo decisivas dúas triplas consecutivas de Sergi Quintela. Aprazado o derbi COB-Básquet Coruña pola rotura dunha canastra.

Por gcdeportes | Lugo | 16/10/2017 | Actualizada ás 01:53

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Força Lleida 73:
Jarred (17), Sutina (5), Dukanovic (14), Marc Martí (8), Papa Mbaye (7) –cinco inicial- Albert Lafuente (4), Hermet (8), Rubin de Celis (0), Miguel Feliu (10) e Stankevits (0).
CB Breogán 86: Christian Díaz (9), Salva Arco (13), Lofberg (19), Demetrio (14), Guille Rubio (4) –cinco inicial- Matt Stainbrook (15), Ricardo Uriz (2), Sulejmanovic (0), Cigoja (0) e Sergio Quintela (10).
Parciais: 25-17, 17-20 (42-37), 17-21, 14-28 (73-86).
Árbitros: Francisco Zafra e José Vázquez García. Sen eliminados
Incidencias: partido da 4ª xornada da LEB Ouro no pavillón Barris Nord de Lleida.

Breogán segue invicto con tres vitorias en tres partidos.
Breogán segue invicto con tres vitorias en tres partidos. | Fonte: @CBBreogan

Cun parcial de 0-13 no último cuarto e 10 puntos decisivos de Sergi Quintela, o Breogán venceu 73-86 a Lleida e conserva a súa condición de invicto tras tres partidos nos que suma tres vitorias. Johan Löfberg foi o mellor dos lucenses con 19 puntos e 9 rebotes, ben secundado por Matt Stainbrook, 15 puntos e 9 rebotes, e Salva Arco, 13 puntos. Os lucenses non tiveron un bo día no tiro exterior (7/21 en triplas), pero anotou tres decisivas con 67-67 no marcador, dúas de Sergi Quintela e outra de Christian Díaz. Breogán é, xunto con Melilla, o único equipo da LEB Ouro que aínda non coñece a derrota.

Os lucenses saíron enchufados e cos puntos de Lofberg e Salva Arco abriron oco (4-13), pero Lleida parou o encontro, Breogán foise do partido e os cataláns acadaron un parcial de 21-4 para rematar o primeiro cuarto con 25-17. Lleida acadou a máxima diferenza (28-19, 33-24) a base de triplas, pero Breogán reaccionou con defensa e cos puntos do capitán Arco para achegarse 39-37. No tempo de lecer, 42-37.

Lleida seguía anotando dende 6,75 (acabou con 12/22 e un 55% de acerto), pero Breogán empatou o partido (53-53) cos puntos de Lofberg e Demetrio e un parcial de 1-10. Feliu anotou outras dúas triplas e contestou Demetrio: 59-58 con dez minutos por disputar. Tras un intercambio de canastras, e con 67-67 no marcador, parcial lucense de 0-13 con triplas de Sergi Quintela (dúas consecutivas) e Christian Díaz, e Breogán púxose 67-80. Brano Dukanovic sumou dúas xogadas de tres (73-80), pero Quintela anotou tras rebote e sentenciou o choque. Ao final, 73-86 e terceira vitoria en tres partidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta