O Teatro Rosalía de Castro estrea este sábado unha obra sobre o primeiro matrimonio entre mulleres en España

O Teatro Rosalía de Castro acollerá este sábado a estrea da obra 'Elisa e Marcela', na que se aborda a historia do primeiro matrimonio entre mulleres en España, que protagonizaron Marcela Graza e Elisa Sánchez en 1901.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2017 | Actualizada ás 17:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Teatro Rosalía de Castro acollerá este sábado a estrea da obra 'Elisa e Marcela', na que se aborda a historia do primeiro matrimonio entre mulleres en España, que protagonizaron Marcela Graza e Elisa Sánchez en 1901.

Presentación de 'Elisa E Marcela' na Coruña
Presentación de 'Elisa E Marcela' na Coruña | Fonte: Europa Press

En rolda de prensa, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, subliñou que a obra pon en valor "un episodio histórico na loita pola igualdade e as liberdades na cidade da Coruña".

A obra é unha coprodución da compañía A Panadaría cos concellos da Coruña, Rianxo e Vimianzo, así como o Centro Dramático Galego (CDG), das que asistiu á presentación unha representación.

En canto á montaxe, os seus responsables explicaron que se trata dunha comedia dirixida por Gena Baamonde que conta "desde o humor e a ironía" a historia de Marcela e Elisa, que casaron na Igrexa de San Jorge. Tras a representación o sábado, o espectáculo contará con dúas funcións para o público escolar a próxima semana.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta