Temas: XUSTIZA

O Goberno aproba a creción de catro novos xulgados en Galicia

O Consello de Ministros aprobou este venres un Real Decreto polo que se crean un total de 93 novos xulgados, dos que catro corresponden á comunidade autónoma de Galicia.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/10/2017 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

Segundo informa a Delegación do Goberno, o obxectivo é "adecuar a planta xudicial ás necesidades existentes e garantir aos cidadáns a efectiva protección dos seus dereitos".

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas | Fonte: Europa Press

Este catro novas prazas distribúense entre diferentes órganos xudiciais de primeira instancia e social. En concreto, de xulgados de primeira instancia, un será en Ferrol, outro en Ourense e un terceiro en Vigo. Tamén creará na Coruña o Xulgado do Social número seis.

Esta distribución xustifícase, segundo a Delegación do Goberno, "polas cargas de traballo en ambas as xurisdicións, así como para mellorar o tempo de resposta e reducir o número de asuntos pendentes en cada xulgado".

Temas: XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Reparto moi inxusto onde Compostela, que precisa dous contenciosos, un social e un instancia, sae sempre perdendo.