Temas: HUMOR

Mofa e Befa presumen dos seus “cranios privilexiados”

O máis famoso e aclamado dos dúos cómicos do país presenta o seu espectáculo os próximos días en dous localidades.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/10/2017 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O dúo teatral Mofa & Befa sairá á escena o vindeiro xoves 19 de outubro, a partir das 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) coa súa produción "Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira". Ademais, estarán o xoves 2 de novembro en Pontevedra tamén a partir das 20.30 horas na Sede de Afundación.

MOFA E BEFA 'CRANIOS PRIVILEXIADOS'
MOFA E BEFA 'CRANIOS PRIVILEXIADOS'

As entradas para asistir a esta representación, incluída na Tempada de Teatro de Afundación, están dispoñibles na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas. As entradas saen a partir de 4,5 euros en Vigo, en Pontevedra onde o aforo é menor valen 10 euros, máis gastos.

Neste espectáculo Mofa & Befa introdúcense no mundo da filosofía para reflexionar sobre as diferentes maneiras de pensar que existen. Segundo a súa filosofía, está a maneira correcta de pensar e despois a maneira perralleira, que non por ser incorrecta é menos válida.

Por exemplo, segundo as reflexións do dúo, «pensamos correctamente cando deducimos que a Terra vira ao redor do sol, pero pensamos de forma perralleira cando culpamos de todo ao Goberno. E ese é o problema. A realidade non é fácil e necesita cranios privilexiados que saiban captar a esencia de cada cousa e explicala claramente». E eses cranios privilexiados son, precisamente, Mofa & Befa.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta