Por gcdeportes | Compostela | 07/10/2017 | Actualizada ás 23:33
Ficha técnica
Monbus Obradoiro 77: Pepe Pozas (4), Matt Thomas (9), Bendzius (10), Nacho Llovet (6), Pustovyi (17) –cinco titular- Albert Sábat (7), Ben Simons (0), David Navarro (5), Corbacho (0), Radovic (15) e Martins Laksa (4).
Joventut 68: Sergi Vidal (3), Kulvietis (2), Gielo (15), Richard (1) e Jordan (16) –cinco titular- Birgander, López-Arostegui (11), Gudul (2), Mavra (3), Dimitrijevic (9) e Ventura (6).
Parciais: 23-7, 19-29 (42-36), 17-16, 18-16 (77-68).
Árbitros: Jiménez Trujillo, Juan de Dios e Sánchez Sixto. Sen eliminados.
Incidencias: partido da 3ª xornada da Liga Endesa disputado no Fontes do Sar ante 4.865 espectadores.
Dúas vitorias en tres xornadas. As dúas en Sar, fronte a Zaragoza e a Penya. O Obradoiro pasou por riba dun desastroso Joventut no primeiro cuarto e, malia as tentativas de achegamento do rival (52-49, 61-57), mantivo sempre o mando no marcador para acabar vencendo por 77-68, con Artem Pustovyi como MVP do partido con 17 puntos e 7 rebotes.
Cinco puntos de Pustovyi para arrincar o choque. Coas triplas de Matt Thomas e Bendzius, o Obra abriu oco axiña. A Penya só anotou tres canastras en todo o cuarto, e dun 5-5 pasouse a un 23-7 tras dez minutos nos que o pivote ucraíno dos galegos sumou 10 puntos.
Con 25-8, espertaron os badaloneses, que se achegaron ata un 32-26 que obrigou a Moncho Fernández a parar o partido. Bendzius e Radovic anotaron para os locais, e tras un intercambio de canastras, 42-36 no tempo de lecer.
Obradoiro non anotou nin unha tripla nos dous últimos cuartos, e a Penya, dende 6,75, achegouse ata un preocupante 52-49. Os de Moncho Fernández reaccionaron cun parcial de 5-0, pero o Joventut seguía metido no partido con dez minutos por xogar (59-52).
Dimitrijevic puxo os seus a catro (61-57), e menos mal que Xabi Lóez-Arostegui errou a tripla para poñerse a un punto. Seis puntos de Nacho Llvet fixeron inútil outra tripla de López-Arostegui. Ao final, 77-68 e segunda vitoria, malia o pésimo acerto nas triplas (3/12). Joventut lanzou máis de tres (10/30) que de dous (12/25). A vindeira semana, visita ao Palau.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.