A primeira para o Leyma

O Básquet Coruña vence 76-68 a Araberri na súa estrea en Riazor, con 22 puntos de Jonathan Gilling. Reacción tardía do COB, que caeu 70-72 co CB Clavijo. O martes, nova xornada: Leyma-Oviedo e Sammic Hosteleria-Ourense.

Por gcdeportes | A Coruña | 07/10/2017 | Actualizada ás 04:12

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Leyma Coruña 76:
Jorge Sanz (3), Trevor Cooney (3), Gilling (22), Dmitry Flis (10), Hernández-Sonseca (12) –cinco inicial- Sergio Olmos (12), Ángel Hernández (0), Mike Torres (6), Jesse Chuku (8) e Pablo Ferreiro (0).
Araberri 68: Alec Wintering (6), John Dee (26), Edwards (6), Fede Ucles (6), Araujo (6) –cinco inicial- Martín Buesa (3), Mitrovic (10), Cizmic (5) e Mitola (0).
Parciais: 16-12, 22-16 (38-28), 17-23, 21-17 (76-68).
Árbitros: Carlos García León e Iyán González Gálvez. Expulsaron no terceiro cuarto a Araujo por dúas faltas antideportivas.

Jonathan Gilling, o mellor do Leyma con 22 puntos e 4/5 en triplas. / Nando Martínez
Jonathan Gilling, o mellor do Leyma con 22 puntos e 4/5 en triplas. / Nando Martínez

O Básquet Coruña acadou a primeira vitoria na Liga tras impoñerse en Riazor 76-68 a Araberri. Os de Gustavo Aranzana puxéronse arriba no final do primeiro cuarto (16-12) e foron sempre por diante o resto do partido. Malia a todo, Araberri chegou a poñerse a catro (72-68) con minuto e medio por xogarse, pero o ex-breoganista Jonathan Gilling, o mellor do partido, sentenciou cunha tripla. O martes, de novo en Riazor con Oviedo.

Araberri comezou por diante (4-9), pero unha tripla de Jorge Sanz e os puntos de Gilling (9 no primeiro cuarto), puxeron por diante a Leyma (16-12). Os coruñeses apertaron en defensa e cos puntos de Sergio Olmos (dez case consecutivos) acadaron a máxima vantaxe do choque (34-18). John Dee e Mitrovic deixaron a diferenza en dez ao descanso: 38-28.

Araujo foi expulsado pola segunda antideportiva, pero o Leyma, malia contar con once de vantaxe (46-35), non soubo pechar o partido. Cos puntos de John Dee, Araberri achegouse a dous, para rematar 55-51 o terceiro cuarto. Leyma volveu apertar en defensa e Gilling anotou a súa terceira tripla (70-62), pero Araberri non lle perdía a cara ao partido e púxose 72-68 tras dúas triplas do ex do COB Nemanja Mitrovic. De novo Gilling dende 6,75 (acabou con 4/5 en triplas) sentenciou o choque e Básquet Coruña puido sumar a primeira vitoria.

Ficha técnica
Río Ourense Termal 70:
Reggie Johnson (13), Roope Ahonen (21), Rokas Uzas (2), Héctor Manzano (4), Ndoye (7) –cinco inicial- Daniel Trist (13), Verners Kohs (9), Víctor Moreno (0),  Orlov (1) e Martín Rodríguez (0).
CB Clavijo 72: Gutenius (0), Erik Quintela (6), Balamou (7), Bieshaar (2), Olekaibe (8) –cinco inicial- Coggins (9), Carles Bravo (14), Juan Cabot (7), Yates (14) e Carlos Martínez (5).
Parciais: 12-14, 18-26 (30-40), 19-23, 21-9 (70-72).
Árbitros: Juan P. Morales e Paula Lema. Expulsaron por cinco faltas persoais a Ndoye.

Sergio Olmos recibe a falta de Edwards.
Sergio Olmos recibe a falta de Edwards. | Fonte: Nando Martínez

De 18 perdía Ourense a sete minutos do final (51-69). Dez puntos do finés Roope Ahonen, unha tripla de Kohs e espectacular reacción dos de Gonzalo García cun parcial de 21-5. Puxéronse a dous no último minuto. Con 70-72, Reggie Johnson errou a bandexa que puido significar o empate a cinco segundos do final, e Ourense acabou encaixando a segunda derrota en duas xornadas. O martes, visita a Sammic Hosteleria en Azpeitia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta