Temas: GASTRONOMíA

A Bodeguilla aposta pola cultura do viño

A Bodeguilla de San Lázaro retomou as actividades culturais relacionadas co universo viño que vén facendo dende hai varios anos con notable éxito de participación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/10/2017 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A finais de setembro empezaron estas actividades que impulsa Javier Míguez, xerente do grupo A Bodeguilla de Compostela. Case todos os xoves organiza sesións divulgativas en forma de cata degustación de viños de toda a xeografía peninsular e incluso máis alá desta delimitación.

Bodeguilla de San Lázaro Bodeguilla de San Lázaro na entrada de Santiago polo Camiño Francés A Bodeguilla de San Lázaro na entrada de Santiago polo Camiño Francés
Bodeguilla de San Lázaro Bodeguilla de San Lázaro na entrada de Santiago polo Camiño Francés A Bodeguilla de San Lázaro na entrada de Santiago polo Camiño Francés

Para este xoves 5 de outubro celebran unha cata degustación dun dos grupos vinícolas máis prestixiosos a nivel internacional, Grupo Bodegas Freixenet, que conta con adegas na Champagne, Rías Baixas, Ribera del Duero, Rioja, Cava… O seu sinal de identidade é o compromiso coa calidade, sostenibilidad eco medio ambiente e excelencia na elaboración.

O sumiller do grupo, Luis Alberto, dirixirá a cata de viños escollidos para a ocasión, Henry Abelé un Champagne, Vionta un Rías Baixas, Segura Viudas un cava, Orube de Rioja e tamén Valdubón de Ribera del Duero. Unha ampla selección para coñecer varias zonas vinícolas e distintos métodos de elaboración nunha misma sesión.

A actividade ten lugar na Bodeguilla de San Lázaro, empeza ás 20.30 horas, ten un custe de 10 € e hai 30 prazas disponibles. 

Sala de Catas Bodeguilla San Lázaro  Bodeguilla de San Lázaro na entrada de Santiago polo Camiño Francés Bodeguilla en San Lázaro na entrada de Santiago polo Camiño Francés
Sala de Catas Bodeguilla San Lázaro Bodeguilla de San Lázaro na entrada de Santiago polo Camiño Francés Bodeguilla en San Lázaro na entrada de Santiago polo Camiño Francés
Temas: GASTRONOMíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta