A quinoa comeza a cultivarse en Galicia

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/10/2017 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Na febre gastronómica e sibarítica que envolveu a nosa sociedade nos últimos anos un dos termos máis de moda é o de “superalimentos”. Unha palabra que se refire a produtos que teñen supostamente beneficios para a saúde. Aínda que moitos nutricionistas renegan do termo alegando que non hai alimentos mellores que outros, senón dietas mellores e peores, tamén é indiscutíbel que hai vexetais que, dado o seu gran aporte nutritivo, son moi útiles para a alimentación. Hoxe imos falar de dous deles, a quinoa e a chía. 

O potencial alimenticio da quinoa é tal que en 2013 as Nacións Unidas declararon o “Ano Internacional da Quinoa”. Entre outras propiedades de quinoa, cómpre destacar que en cada cunca de 100 gramos deste vexetal hai 222 calorías, 5 gramos de fibra, 8 de proteínas e unha considerábel cantidade de ferro, o 15% da cantidade media recomendada. Ademais, é unha fonte extraordinaria doutros minerais como o manganeso e o pósforo. Con moi pouca aporte de graxas (2 por cento) tamén é unha boa fonte de carbohidratos. 

Como ademais de rica nutritivamente é doada de dixerir, a NASA elixinou para o seu Sistema de Soporte de Vida Ecoloxicamente Controlado, é dicir, o programa que estuda que poderían comer e / ou cultivar os astronautas durante voos de longa duración, por exemplo camiño ao planeta Marte. Os expertos estiman que os humanos empregamos unhas 7.000 plantas aproximadamente para a nosa alimentación. Delas, a NASA seleccionou para o seu programa tras rigoroso análise só 20 vexetais, e un deles é a quinoa. 

Procedente orixinalmente da cordilleira dos Andes no Perú, o seu potencial alimenticio está a estender o seu cultivo en zonas acaídas de Europa e dos Estados Unidos. 

Os primeiro ensaios para o seu cultivo en Europa déronse durante a década dos anos oitenta. En varios estados como, entre outros, Francia, Bélxica e Dinamarca xa hai unha produción regular, a nivel comercial. No sur do continente aínda non é tan popular, malia que xa forma parte da Política Agraria Común como un dos cultivos que se poden poñer nas terras que reciben subvención públicas. Inicialmente os seus clientes eran sobre todo persoas de dieta vexetarianas na súa constante busca de vexetais con alto contido de proteína, pero nos últimos anos a súa popularidade aumentou considerablemente a hoxe en día é frecuente velo en comercios xeralistas.  No país tamén se están dando os primeiros pasos cara a súa implantación. Por exemplo, cultívase na finca de Vista Real no taller de emprego de Vilanova de Arousa.

Mentres que a quinoa xa é frecuente incluso en moitos restaurantes de certo nivel, non tan popular aínda é a chía, aínda que tamén é certo que a súa introdución en Europa é moito máis recente, na última década. Entre os beneficios de semillas de chía aceptados por moitos nutricionistas está ser  unha fonte moi importante de omega 3, aceites con efectos inflamatorios. É un produto extraordinariamente rico en minerais, especialmente calcio, ferro, magnesio, zinc, e manganeso. Tamén poden resultar moi útiles para aquelas persoas que sufran de intolerancia á glucosa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta