Temas: HUMOR CATALUñA

Clausuran un Eroski en Catalunya por ter urnas para o sorteo dun xamón

A Garda Civil requisou tanto as caixas de votación como as papeletas dos participantes no sorteo.

Por GcToday | Terrassa | 30/09/2017 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

Na mañá de onte, e durante un servicio rutinario da Garda Civil na vila de Terrassa, a parella da Benemérita localizou dentro dun Eroski, cando menos dúas urnas, que no momento foron requisadas, poñendo e alerta tanto á Fiscalía como ao Ministerio de Interior.

Carriños da compra nun Eroski
Carriños da compra nun Eroski | Fonte: wikimedia polycart

As urnas, que nun principio estaban a ser utilizadas para o sorteo dun xamón no propio establecemento, poderían ser usadas o vindeiro 1-O para o referendo secesionista catalán, tal e como afirma a Garda Civil na jota enviada aos medios de comunicación.

Segundo o corpo armado, cabe a posibilidade que a Generalitat teña como plan maestro ocultar as urnas de votación á vista de todo o mundo, disfrazadas, como neste caso dun pseudosorteo.

Do mesmo xeito, desde fontes próximas á comandancia da garda civil, asegúrase que o feito de que a marca Eroski sexa vasca non é froito da casualidade, senón dunha estratexia perfectamente orquestrada para romper España desde País Vasco e Catalunya.

Desde a cadea de mercados Eroski expresan a súa perplexidade ante o ocorrido e piden que apareza o xamón que dende o momento da intervención permanece en paradoiro descoñecido.

Temas: HUMOR CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 chafarico

Estes cataláns, som todos uns "presuntos" delincuentes. Viva la Guardia Incivil y todo por la napia.

1 D \ LAVAÑOU

MAO. MOITO MAO, pois es pernil, com todos os xamoóns vendidos con etiqueta de Catalunha ¡son de origem galaico . De Ourense!!!!