4.500 euros de multa á familia Franco por “problemas” no Pazo de Meirás

Cultura anuncia, ademais, que abre expediente a Fundación Franco por afirmar que vai cancelar as visitas a este Ben de Interese Cultural, que debe estar aberto, polo menos, catro días ao mes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2017 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A Xunta multa con 4.500 euros á familia Franco tras constatar "problemas" na xestión das visitas ao pazo de Meirás, segundo se recolle no expediente sancionador que pechou a Consellería de Cultura --a través da Dirección Xeral de Patrimonio--.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: Europa Press

Ademais, o Goberno galego informa de que abre novas dilixencias informativas ante o anuncio da Fundación Francisco Franco de cancelar as visitas ao pazo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). A asociación en memoria do ditador fascista alegou problemas de seguridade este mes, despois de que activistas e dirixentes do BNG realizaran unha ocupación durantes unhas horas do Pazo, expoliado tras a Guerra Civil ao pobo de Sada.

INFRACCIÓN LEVE

A este respecto, a Xunta lembra nun comunicado á familia Franco que como propietaria dun BIC de titularidade privada ten a obrigación legal de abrir o pazo ao público catro días ao mes --polo menos catro horas ao día-- e xestionar o seu mantemento, segundo recóllese na lei de patrimonio cultural de Galicia, cuestión que incumpre.

O incumprimento da obrigación de facilitar as visitas públicas a este tipo de bens está tipificado como unha infracción leve, con multas que van desde os 300 aos 6.000 euros. Por iso, Cultura remarca que debe actuar dentro do marco competencial para "velar por que se cumpra a lei".

El BNG despliega pancartas para pedir la 'devolución' del Pazo de Meirás
El BNG despliega pancartas para pedir la 'devolución' del Pazo de Meirás

Esta resolución xa foi comunicada á familia Franco, que agora dispón de 15 días para presentar alegacións que considere oportunas.

VISITAS E POLÉMICA

Pola súa banda, a Fundación Nacional Francisco Franco anunciou o venres a cancelación das visitas ao pazo de Meirás "por motivos de seguridade ata nova orde", segundo reza unha mensaxe colgada na web da fundación, encargada de xestionar as visitas ao inmoble propiedade da familia do ditador.

Precisamente, esta semana o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, opinou que un "modo" de que a familia Franco "se reconcilie" con "parte da sociedade" é que "doase" o Pazo de Meirás ao pobo galego. Unha petición tamén realizada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que demanda esa doazón se non van cumprir a lei.

A antiga residencia estival de Francisco Franco estivo de actualidade ao longo deste verán despois de que a fundación que o xestiona afirmase que empregaría as visitas a Meirás para enxalzar a figura do ditador.

CASE 200.000 FIRMAS PIDE A ILEGALIZACIÓN DA FUNDACIÓN FRANCO

Diferentes partidos políticos e organizacións sociais reclamaron á familia Franco a devolución do pazo para titularidade pública, así como a ilegalización da fundación que leva o nome do caudillo.

De feito, unha petición rexistrada na web 'change.org' logrou xa preto de 200.000 sinaturas que solicitan a ilegalización da entidade por "promover o odio" e "atentar contra a dignidade das vítimas".

Ademais, militantes do Bloque Nacionalista Galego ocuparon de forma simbólica o Pazo de Meirás a pasada semana para reclamar a devolución do complexo "ao pobo galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Roosevelt Somoza

O BNG deseñou un novo bandeirín de enganche co asunto do Pazo de Meirás e quere facer agora o que non fixo cando estivo na Xunta no poder. Mais no seu día co alcalde Castrillo non fixo nada por quitar a Cruz dos Caídos de Vigo e en lugares que gobernan desde hai décadas aínda lle manteñen rúas a ministros do xeneral Franco. É o caso de Poio e Pontevedra. E nesta última cidade, máis rúas a falanxistas e unha vergoñenta Cruz dos Caídos. Por elas seguro que pasaron os de Iniciativa Galega pola Memoria. Pero, neste caso, miraron para outro lado.

3 MAMORIA HISTÓRICA

Dice Marhuenda que los mayores antifranquistas actuales son hijos o descendientes de franquistas, tal vez por algo relacionado con matar al padre o abuelo. Casos, a esgalla, rapaces: descendientes del comandante de Artillería Carlos Aymerich Luengo; Blanco Valdés, cuyo padre fue alcalde durante el Franquismo; o descendientes del empresario de prensa D. Emilio Rey, padre de Santiago Rey, etc. Como la Xunta tiembla con La Voz y se pliega a cualquier pataleta, por pueril que sea, la Xunta y el PP devienen en antifranquistas.

1 MAMORIA HISTÓRICA

La idea de donar una residencia a Franco surgió de la Junta local de iniciativas, que presidía el gobernador civil Julio Muñoz Rivero de Aguilar, carlistón furibundo y por ello destacado antifascista. A esa Junta, como representante del Ayuntamiento de La Coruña, el alcalde envió a un franquista tan destacado como el teniente de alcalde D. Emilio Rey, y acordaron hacer el obsequio a Franco. Asistió también el director de La Voz, que ahora le da por hacer campaña anti familia Franco, como si tuviesen necedidad de matar al padre... Pa flipar, rapaces.

2 Anti...

O PP subvencionou con 4.500€ a fundación Francisco pixiñas ou entendín mal.

1 galegoexiliado

Pois non, ven a ser que o joberno dalles unha subvención de 150. 000 euros e cóbralles unha mordida de 4.500. Eso si, ahora o fan en plan legal via "expediente sancionador", non vaia a ser que os social-bolivarianos os acusen de corrupción ou de financiación ilegal.

1 remo

jajajaja....que risa tía luisa