Por Galicia Confidencial | A Guarda | 07/09/2017 | Actualizada ás 13:49
O Centro Social Fuscalho, localizado na Guarda, acolle mañá 8 de setembro unha nova proxección de “Morrer Devagar”. Trátase dun documental realizado por Irene Pin e Begoña Fernández Ferreiro sobre a crise dos refuxiados en Grecia.
As creadoras admiten que “nom é um documentário ao uso”, senón unha denuncia da “pasividade” de Europa, que trata aos refuxiados como peóns nunha complicada partida de xadrez, aproveitando “a pasividade dos medios de comunicación”.
O filme comezou como un inteto de retratar “as duras condiçons da vida cotiá nos campos, onde miles de pessoas agardam atrapadas em terra de ninguém” pero terminou sendo unha “reflexom sobre a produçom de imagens numha situaçom mediática e a nossa incapacidade para contar umha história que nom somos quem de comprender".
Velaquí o 'trailer' da película, cuxa proxección comeza as 20:30 horas:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.